Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mécores 20 de novembro

10.00 h
Na Escola Infantil de Fontiñas, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste aos actos con motivo da celebración do Día da Infancia. Os pequenos participarán na elaboración dunha bola do mundo na que se pegarán siluetas feitas por eles e as mensaxes que fixeron previamente en colaboración cos seus pais. Tamén se fará unha solta simbólica de globos brancos a favor dos dereitos do neno.

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o director de Curtocircuíto, Pela del Álamo.

10.30 e 12.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta), Producións Dispersas presenta 'Na procura da canción perdida' dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato de Ciclocross.

11.30 h
No Centro Social Novagalicia Banco (Plaza de Cervantes), a concelleira de Comercio e Emprego, Reyes Leis, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do evento de inversión Vindeira Capital Network 2013.

11.30 h
No salón de plenos da Casa do Concello, pleno infantil con motivo do Día internacional dos Dereitos do Neno. Asisten o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, María Castelao.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, para presentar o espectáculo de dinamización lingüística 'Acuario', incluído no programa 'FalaRedes 2013'. Estarán acompañados pola escritora María Canosa.

20.00 h
Na Zona C, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, xunto con Federico López Silvestre, codirector do máster de arte, museoloxía e crítica contemporánea da USC, inaugura a intervención 'ZTC (Zona Temporalmente Controlada)', un proxecto de Ergosfera. Na inauguración participarán tamén a comisaria Cristina Canto e os membros do colectivo Ergosfera. A continuación, ás 21.00h, debate aberto sobre as CCTV que contará coa participación de José Angel Brandariz, UDC / Grupo de Investigación ECRIM; Man _Hauser, filósofo / ALG-A Laboratorio; e Renato Núñez CIG / Dereitos Civís.

CINEUROPA
TEATRO PRINCIPAL
16:30 HELI Amat Escalante
18:30 THE UNSPEAKABLE ACT Dan Sallitt
20:15 LA JALOUSIE Philippe Garrel
21:30 LA GRANDE BELLEZZA (La gran belleza) Paolo Sorrentino
00:00 S 21 LA MACHINE DE MORT KHMÈRE ROUGE (La máquina de matar de los jemeres rojos) Rithy Panh
SALÓN TEATRO
16:30 CARNE DE PERRO Fernando Guzzoni
19:00 A BURLA DO GALO comentada por Xosé Manuel Fernández
20:45 LA JUNGLA INTERIOR Juan Barrero Presentación e debate co seu director, Juan Barrero
22:45 EL FUTURO Luis López Carrasco Presentación e debate co seu director, Luis López Carrasco
00:30 HELI Amat Escalante
SALA MOZART - AUDITORIO DE GALICIA
17:00 POLL Chris Kraus
19:15 SCHLAFKRANKHEIT (La enfermedad del sueño) Ulrich Köhler
CGAC
16:15 UOMINI CONTRO (Hombres contra la guerra) Francesco Rosi
18:00 VOGLIAMO I COLONNELLI (Queremos los coroneles) Mario Monicelli
20:00 SBATTI IL MOSTRO IN PRIMA PAGINA (Noticias de una violación en primera página) Marco Bellocchio
21:30 L’ARTE DI ARRANGIARSI (El arte de ir saliendo adelante) Luigi Zampa
CENTRO CULTURAL FUND. NOVACAIXAGALICIA
17:00 DREILEBEN 3 - EINE MINUTE DUNKEL (Dreileben 3: Un minuto de escuridade) Christoph Hochhäusler.

Compartir: