Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 19 de novembro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, xunto aos deputados Carmen Gallego e Xosé A. Sánchez Bugallo.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, e a deputada Ana Pontón sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Verde, reunión da Xunta Local de Seguridade presidida polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. Asiste a concelleira de Benestar Social e Muller, María Castelao. (Declaracións ao remate).

13.00 h
No Palacio da Zarzuela, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á audiencia que S.M el Rey ofrece aos alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España con motivo do vixésimo aniversario da constitución do grupo.

16.30 h
No Centro Sociocultural de Fontiñas, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, modera a mesa redonda de clausura do PROXECTO " A NOSA VIDA...,EN POSITIVO?: VULNERABILIDADE SOCIAL EN ADOLESCENTES; REFLEXIÓNS TÉCNICAS E EXPERIENCIAS VITAIS". Coa mesa redonda vaise pechar o proxecto que se levou a cabo ao longo dos meses de outubro e novembro con alumnado de Secundaria e Bacharelato no Instituto Antonio Fraguas. Unha experiencia con enfoque preventivo coa que se quería traballar co alumnado temas da vida cotiá, relacionados con dificultades que poden atopar no proceso de crecemento persoal.

18.30 h
Na Cidade da Cultura, entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Fundación Penzol.

21.30 h
No Salón Teatro, o concelleiro Francisco Noya entrega o Premio Cineuropa a María de Medeiros. A continuación, proxectarase o filme dirixido por Medeiros 'Repare bem (Los ojos de Bacuri)'.

Cineuropa
TEATRO PRINCIPAL
17:00 LE DERNIER DES INJUSTES (El último de los injustos) Claude Lanzmann
20:45 MUCH ADO ABOUT NOTHING (Mucho ruido y pocas nueces) Joss Whedon
22:45 LA JALOUSIE Philippe Garrel
00:00 HELI Amat Escalante
SALÓN TEATRO
16:30 SALVADOR ALLENDE Patricio Guzman
18:30 LAS NIÑAS QUISPE Sebastián Sepúlveda
20:00 CARNE DE PERRO Fernando Guzzoni
21:30 PREMIO CINEUROPA: MARÍA DE MEDEIROS REPARE BEM (Los ojos de Bacuri) Maria de Medeiros
23:45 JIAOYOU (STRAY DOGS) Tsai Ming-liang
SALA MOZART - AUDITORIO DE GALICIA
17:00 DER MANN, DER ÜBER AUTOS SPRANG (O home que saltou por encima dos coches) Nick Baker-Monteys
19:00 DIE INNERE SICHERHEIT (O estado en que estou) Christian Petzold
CGAC
20:00 UNE HISTOIRE SEULE Xurxo Chirro & Aguinaldo Fructuoso
21:30 IL CASO MORO (El caso moro) Giuseppe Ferrara

Compartir: