Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 16 de novembro

10.00 h
En Salamanca (Salón de Recepcións do Concello), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Ás 12.00 h, ROLDA DE PRENSA.

A partir das 10.00 h
No pavillón de Vite, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste aos partidos do Hockey Compostela.

A partir das 11.00 h
No Centro Xuvenil Don Bosco, primeira xornada de "Aventúrate nas fins de semana", actividade organizada pola Concellería de Xuventude.

11.00 h
Saída de Hello Cooking (rúa de Sar). A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste á actividade de recollida de cogumelos organizada pola Concellería. Ás 13.00 h, en Hello Cooking, obradoiro de cociña cos cogumelos recollidos.

16.00 h
No Auditorio de Galicia, Certame Galego de Bandas organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares.

17.30 h
No Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia, encontro de José Sacristán co público. Intervirán: José Sacristán, Javier Rebollo, Jonás Trueba e José Luis Losa.

18.00 h
No Palacio de Congresos, a concelleira de Benestar Social e Familia, María Castelao, visita as actividades con motivo do Día do Neno.

18.00 h a 21.00 h
No CIAC (Belvís), celebración dun magosto acompañado de actividades ambientais para todas as idades.

19.00 h
No Local Social de Marrozos, magosto organizado pola asociación de veciños, a comisión de festas e o grupo xuvenil Pena Maior. Ás 20.00 h, en Figueiras, magosto organizado pola asociación de veciños Nova Xeira.

20.00 h
Na Igrexa das Ánimas, X encontro de corais na honra de Santa Cecilia.

20.30 h
No Teatro Principal, a primeira tenente de alcalde, Amelia González, fai entrega do Premio Cineuropa a José Sacristán. A continuación proxectarase o filme que el protagoniza 'Madrid 1987'.

20.30 h
Na Zona C, 'Sigue buscando' con Funboa Escénica dentro do ciclo Teatro&Danza.

CINEUROPA
TEATRO PRINCIPAL
16:15 IL FEDERALE Luciano Salce
18:15 TOTS VOLEM EL MILLOR PER A ELLA (Todos queremos lo mejor para ella) Mar Coll
20:30 PREMIO CINEUROPA: JOSÉ SACRISTÁN MADRID 1987 David Trueba
22:45 QUAI D’ORSAY Bertrand Tavernier
01:00 LA TRAGEDIA DI UN UOMO RIDICOLO (La tragedia de un hombre ridículo) Bernardo Bertolucci
SALÓN TEATRO
16:00 ENTREPARADAS Toño Chouza
18:00 DIME QUIÉN ERA SANCHICORROTA Jorge Tur Moltó Presentación e debate co seu director, Jorge Tur
20:00 LOS ILUSOS Jonás Trueba Presentación e debate co seu director, J.Trueba
22:30 LE DERNIER DES INJUSTES (El último de los injustos) Claude Lanzmann
CENTRO CULTURAL FUND. NOVACAIXAGALICIA
17:30 ENCUENTRO DE PEPE SACRISTÁN CO PÚBLICO: Participan: José Sacristán, Javier Rebollo, Jonás Trueba, José Luis Losa
20:00 AMORE E RABBIA (Amor y rabia) Marco Bellocchio, Bernardo Bertolucci, Jean-Luc Godard, Carlo Lizzani, Pier Paolo Pasolini Presentación Javier Rebollo

Compartir: