Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 25 de outubro

10.30 e 12.00 h
No CGAC, concerto didáctico de Música Práctica que presenta 'Catro tímbricas pintadas' dentro do Programa Didáctico e das Xornadas de Música Contemporánea.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Rosana Pérez, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar a iluminación de Nadal 2013.

13.30 h
No Salón Verde, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asina os convenios de colaboración entre o Concello e as asociacións Itínera, Fundación Andrea e Xoán XXIII (programa Xuntos Podemos).

20.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), Compostela Cine Classics 2013: Metrópolis, de Fritz Lang. A continuación, café con cine co profesor Ángel Luis Hueso.

20.30 h
Na Zona C, Lagarta, Lagarta presenta 'O país do Pato Donald' dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, o Teatro Nacional Dona María II (Lisboa) debuta en Galicia con 'Gil Vicente na horta', dentro do ciclo Teatro&Danza. Estrea en España desta obra dirixida por Joao Mota.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Andrew Gourlay e coa violinista Leticia Moreno dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: