Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 20 de outubro

12.00 h
No campo de fútbol de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao partido de fútbol feminino entre a SD Compostela e o Barbadás.

12.00 h
No hostal do Reis Católicos, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á presentación da federación Alcer Galicia.

12.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), Concerto Fantasía Animada, da Banda Municipal de Música de Santiago, dentro de Compostela Cine Classics 2013. Con cancións dos filmes de Disney: ‘A sereíña’, ‘Aladín’, ‘A bela e a besta’, ‘Tarzán’, ‘O rei león’, ‘Mulán’, e ‘O príncipe de Exipto’. Asiste o concelleiro Francisco Noya.

12.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago (USC), descobre outros sons co dodecafonismo, nas Xornadas de Música Contemporánea.

18.00 h
No Salón Teatro, o teatro infantil de Roberto Vidal Bolaño, Teatro do Noroeste coproduce co Centro Dramático Galego e en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia unha nova versión do texto 'Touporrotou da lúa e do sol' no ciclo Teatro&Danza.

19.30 h
Na Zona C, 'O país do Pato Donald' pola compañía Lagarta Lagarta, unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura, en Teatro&Danza.

Compartir: