Previsións informativas para o martes 5 de xuño
11.30 h.
Na Fundación Granell, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á presentación das actividades dedicadas a Valle-Inclán que a Fundación realiza este mes.
12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, para presentar o proxecto de urbanización do polígono 4 de Fontiñas.
13.15 h.
Na Casa do Concello, recepción ao clube de baloncesto Beirasar Rosalía, que se proclamou campión da LEB 2 o pasado venres.
19.30 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, asisten á inauguración da exposición de Alberto Varela Ferreiro, O Bosque non deixa ver as árbores.
20.00 h.
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a VI Semana Cultural do devandito centro.