Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 19 de xullo

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/000.
Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión extraordinaria do 24 de xuño de 2024.
2. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2024/00032115F.
Aprobación de expediente de crédito extraordinario, de importe 1.980.344,63 €, financiado con RLTGX2023, para atender unha parte do saldo de OPAS e a totalidade do saldo de PPA, e de REC, por importe de 1.574.248,04 €, para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413.
3. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2024/00028476W.
Aprobación do expediente de crédito extraordinario 2024-CREXT-04, por importe de 148.736,67 €, financiado coa aplicación dunha parte do saldo do RLTGX 2023, para atender a actualización do canon anual pola prestación do servizo de recollida de RSU e limpeza viaria dos anos 2021 e 2022 á mercantil URBASER S.A.
REXT-04
4. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2024/00028146V.
Aprobación de expediente de suplemento de crédito 2024-SUPLE-04, de importe 11.605,88 €, financiado con baixas por anulación, para atender a certificación final da obra da operación EDUSI denominada "Mellora da accesibilidade ao barrio de Pontepedriña".
5. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2024/00031128D.
Aprobación de crédito extraordinario 2024-CREXT-05, de importe 40.000,00 €, financiado con baixas por anulación, para dispor da achega municipal que posibilite a sinatura dun convenio coa Xunta e a Deputación para a dotación dun vehículo para PMA e dunha PICK UP para atención ás emerxencias.
6. OBRAS E PROXECTOS. Referencia: 2024/00027805K.
Levantamento dos reparos de Intervención á aprobación de certificacións ordinarias 4, 5, 6 e 7 da obra do CIPIS e das respectivas facturas.
7. OBRAS E PROXECTOS. Referencia: 2024/00028165J.
Levantamento dos reparos de Intervención á aprobación das facturas do contrato de servizos de redacción do proxecto básico e de execución e dirección facultativa das obras do CIPIS.
8. OBRAS E PROXECTOS. Referencia: 2024/00028652V.
Levantamento dos reparos de Intervención á factura F/2024/1481 expedida por RVR arquitectos, pola dirección facultativa da obra "Mellora dos accesos a Almáciga-tramo Pastoriza".
9. OBRAS E PROXECTOS. Referencia: 2024/00028049N.
Levantamento dos reparos de Intervención á aprobación das certificacións ordinarias 4, 5 e 6 da obra "Mellora dos accesos á Almáciga-ámbito Pastoriza" e das respectivas facturas.
10. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2024/00033018J.
Aprobación da prórroga do convenio de colaboración formalizado o 1 de outubro de 2020 entre a Xunta de Galicia e os Concellos de Santiago e Teo, para a coordinación dos servicios de transporte público con orixe e destino na urbanización dos Tilos, nos termos nos que foi redactado, por catro anos adicionais, ata o 30 de setembro de 2028.
11. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a creación dunha estratexia para un Santiago de Compostela amigable coas persoas maiores.
12. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a reordenación da oficina de información municipal de urbanismo e vivenda.
13. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a apertura dun casino no Ensanche.
14. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/000
Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
15. Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
Formulada polo PSdeG-PSOE sobre a declaración de zona de mercado residencial tensionado.
Rogos:
1. Formulado polo PSdeG-PSOE relativo ao ámbito de Rial de Conxo-Volta do Castro-Rocha.
2. Formulado polo PSdeG-PSOE relativo á necesidade de poda e limpeza e limpeza en Costa de Santa Isabel, reparación muro dársena Xoán XXIII e limpeza praza Iqbal Masih.
Preguntas orais:
1. Formulada polo PP sobre limpeza e acondicionamento de finca municipal na rúa Fonte de Concheiros.
2. Formulada polo PP sobre a plantación de árbores en diversas rúas da cidade.
3. Formulada polo PP sobre a posibilidade de nova configuración da circulación na rúa do Corgo.
4. Formulada polo PSdeG-PSOE relativa ao estado da rúa Varsovia.
16. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PP para axilizar os pagos das bolsas de comedor e das actividades extraescolares.
2. Presentada polo PP para que o concello elabore unha regulamentación relativa á formalización de convenios no eido deportivo.
3. Presentada polo PP para realizar melloras no barrio de Vidán.
4. Presentada polo PP para solucionar as deficiencias no local social da Peregrina.
5. Presentada polo PSdeG-PSOE relativa á cuberta da escola infantil de Tras Parlamento.
6. Presentada polo PSdeG-PSOE para contribuir á sensibilización regular da importancia da doazón de sangue e medula ósea.

21.30 h
Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Lucía Freitas, que asinará no libro de honra ás 21.00 h.

Festa do Apóstolo
http://santiagodecompostela.gal/medi/Baners/Programa_Apostolo_2024.pdf

Compartir: