Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 30 de outubro

10.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na inauguración da IV Feira de Emprendedoras de Compostela.

11.00 h
Na rúa Xeneral Pardiñas, 15, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación e difusión da segunda edición do proxecto "Compostela Photo", a iniciativa da Fundación Santiago Centro que cobre de arte os portóns dos garaxes do Ensanche santiagués con fotografías en gran formato relacionadas co Camiño de Santiago e as peregrinacións.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para dar conta da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento do deporte federado.

11.50 h
Na praza de Abastos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao encontro gastronómico "Receitas para o recordo", organizado pola Federación Alzhéimer Galicia.

12.30 h
No Salón Amarelo, recepción aos voluntarios do programa do Corpo Europeo de Solidariedade coordinado pola ETL Don Bosco.

13.00 h
No Salón Amarelo, recepción aos representantes da área de psicoloxía educativa do Consello Xeral da Psicoloxía con motivo da celebración das I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa.

13.30 h
No Salón Amarelo, recepción a Mon Barreiro, técnico da Selección Española de Fútbol Sala.

19.00 h
No Salón Nobre, recepción aos membros do Padroado da Fundación Amigos do Museo do Prado.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Baldur Brönnimann, dentro do Proxecto Sensoxenoma (proxecto de investigación levado a cabo conxuntamente polo IDIS, Instituto de Investigación Sanitaria, e a RFG no que se recollerán mostras biolóxicas a persoas voluntarias antes e despois do concerto para abordar cientificamente a resposta do noso xenoma (ADN) perante do estímulo musical.

Compartir: