Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 5 de outubro

9.30 h
No Paraninfo da Universidade, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na inauguración do VII Congreso GALEUSCA Historia, organizado polo Grupo de Investigación HISTAGRA, que nesta edición versará sobre a temática "Un século de nacións galeuscanas".

9.45 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, participa na mesa de administracións públicas das Xornadas de Vivenda Cooperativa e Economía Social.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar o novo curso de aCentral Folque. Na rolda tamén estará o coordinador da Escola de Música do centro, Mauro Sanín.

18.00 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese coa asociación cultural Rocha Forte.

19.15 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Conversando con… Baldur Brönnimann e Alberto Rosado, previo ao concerto ‘Novos destinos’ que dá inicio á temporada 2023-24 da Real Filharmonía de Galicia.

20.00 h
Na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, primeiro concerto da temporada 2023-24 da RFG, baixo a dirección de Baldur Brönnimann e con Alberto Rosado como piano solista. Asiste a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

23.00 h
Na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, as artes performativas, visuais e musicais mestúranse cos espectáculos de Marta Verde e José Venditti, e de Katarina Gryvul e Alex Guevara.

CURTOCIRCUÍTO
Toda a información en curtocircuito.org

Compartir: