Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 27 de outubro

8.30 h
Na sede do Consorcio, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside a Comisión Executiva da entidade interadministrativa.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No IES de Sar, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visita o obradoiro enmarcado no festival de muralismo "Contemporánea 2023".

19.00 h
No Centro Xove da Almáciga, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, mantén un encontro coas bandas locais que utilizan os locais de ensaio.

21.00 h
No Teatro Principal, proxección do filme documental Little Palestine, Diary of a Siege ao abeiro do Festival Amal.

Compartir: