Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 24 de outubro

11.00 h
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de inauguración da Residencia Pública de Maiores "O Castiñeiriño" (Rúa Monte do Seixo, 23).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar o programa "Abracastaña. Por arte de maxia! 2023". Na rolda tamén participarán Sandra Quintana, responsable do programa de artes escénicas e musicais da rede de centros, e o Mago Romarís.

13.00 h
Na entrada principal do Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participa na presentación do espectáculo "Ovo" de Cirque du Soleil.

13.30 h
No Salón Nobre, recepción ao alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz, que asinará no Libro de Honra do Concello.

21.00 h
No Teatro Principal, proxección do filme Conspiración en El Cairo (Boy from Heaven) ao abeiro do Festival Amal.

Compartir: