Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 29 de setembro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. ASISTENCIA AO PLENO.
Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. PLANEAMENTO.
Aprobación provisional da Modificación puntual do PXOM no ámbito do SUD 9-10 (Estrada de Vigo-Chouchiños)l
3. XESTIÓN URBANÍSTICA.
Aprobación definitiva do Estudo de detalle da parcela B4b01c do parque empresarial da Sionlla.
4. XESTIÓN URBANÍSTICA.
Aprobación definitiva do Estudo de detalle dos quinteiros 1 e 2 do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo).
5. OFICINA DE REHABILITACIÓN E VIVENDA.
Delimitación de Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP).
6. ASISTENCIA AO PLENO.
Aprobación do expediente de suplemento de crédito núm. 2022-SUPLE-01. Investimentos en maquinaria e instalacións e actividades culturais do Auditorio de Galicia.
7. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE.
Aprobación de expediente de crédito extraordinario núm. 2022-CREXT-14 financiado co RLTGX 2021, levantamento e reparo e o REC para aprobar gastos rexistrados na conta 413.
8. SECRETARÍA XERAL.
Participación do Concello de Santiago de Compostela na Fundación Castelao.
9. MEDIO AMBIENTE E SANIDADE.
Constitución da Asociación de Concellos "Vía Verde Compostela, Tambre, Lengüelle".
10. SERVIZOS BÁSICOS.
Bonificación canon Sogama 2022.
11. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para o redeseño da futura liña de alta tensión ao seu paso polo Souto e para declarar este espazo como ENIL.
12. Proposición presentada polo grupo municipal de CA sobre os obxectivos da futura taxa turística en Santiago e para o impulso dun fondo local para o fomento do turismo sustentable.
13. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para acometer unha baixada transitoria de impostos para axudar ás familias ante a situación económica.
14. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a adopción de medidas que permitan unha mellora do servizo de taxi na cidade.
15. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a inclusión dunha liña do transporte urbano e a mellora da accesibilidade no barrio da Almáciga.
16. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para crear unha comisión de seguimento das obras pendentes consignadas para axilizar os prazos e supervisar a súa execución.
17. Dar conta de resolucións da alcaldía de delegación das atribucións da alcaldía.
18. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
19. Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelacións:
1.- Presentada por CA sobre o desenvolvemento do plan de sostibilidade turística 2021-2023.
2.- Presentada polo BNG sobre as consecuencias dun modelo de turismo invasor non sustentábel e para reclamar que se garantan os dereitos da veciñanza.
Rogos:
1.- Presentado polo BNG para mellora seguranza viaria na Ameixaga.
2.- Presentado polo BNG para mellorar o transporte público en Villestro.
3.- Presentado polo BNG para dotar as Fontiñas dun novo parque.
4.-Presentado por CA para que o concello acometa as obras de mantemento da zona das Hortas.
5.- Presentado por CA para que se permita o acceso de atletas non federados ao estadio Verónica Boquete.
6.- Presentado por CA para que o concello controle o estacionamento na zona de Belvís.
7.- Presentado polo PP para o selado dun colector de lixo na rúa Fonte de Santo Antonio.
8.- Presentado polo PP para restituír un poste de luminaria en Carballal-Villestro.
Preguntas resposta oral:
1.- Formulada por CA sobre a ocupación de espazo público por parte das terrazas.
2.- Formulada polo BNG sobre reforma do estación intermodal.
3.- Formulada polo BNG sobre sancións por denuncias efectuadas pola Policía Local o día 25 de xullo.
4.- Formulada por CA sobre o conflito laboral na rede de centros socioculturais.
5.- Formulada por CA sobre aparcamento no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei.
6.- Formulada polo BNG sobre a utilización das instalacións deportivas de San Lázaro por persoas afeccionadas ao atletismo.
7.- Formulada polo PP sobre o proxecto de expropiación para acondicionamento do Parque Arqueolóxico da Rocha.
8.- Formulada polo PP sobre o certame galego de Bandas de Música Populares.
9.- Formulada polo PP sobre medidas adoptadas para solucionar a problemas das persoas que piden esmola na rúa.
Preguntas resposta escrita:
1.- Formulada por CA sobre a actuación da Policía Local na alameda na mañá do 25 de xullo.
2.- Formulada por CA sobre a recepción parcial e a recepción final das obras de Concheiros.
3.- Formulada polo BNG sobre colector de recollida de lixo en Meixonfrío.
4.- Formulada polo BNG sobre retiradas de colectores de residuos na rúa Feliciano Barrera Fernández.
5.- Formulada polo BNG sobre o servizo de autobuses de Calo.
20. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.-Presentada polo PSdeG-PSOE en defensa do servizo básico e esencial da educación pública.
2.- Presentada por CA para a mellora da conexión ciclista do futuro tramo da vía verde de Santiago co centro urbano.
3.- Presentada por CA para a publicación urxente dunha convocatoria de axudas a entidades profesionais e sen ánimo de lucro que apoie os gastos correntes para promover o mantemento de actividades culturais.
4.- Presentada por CA en apoio da iniciativa lexislativa popular promovida pola plataforma SOS sanidade pública.
5.- Presentada polo BNG para incluir Santiago na rede ferroviaria de mercadorías que deseña o goberno do estado.
6.- Presentada polo BNG para recoñecer, divulgar e investigar sobre o labor do Seminario de Estudos Galegos na celebración do centenario da súa Fundación.
7.- Presentada polo BNG para apoiar as demandas da Iniciativa Lexislativa Popular da Plataforma SOS Sanidade Pública.
8.- Presentada polo BNG para frear o proxecto da liña de alta tensión que pode destruír o espazo natural do Souto.
9.- Presentada polo PP para acometer a segunda fase das obras da rúa Altiboia, eliminando os restos de obra existentes.
10.- Presentada polo PP para a axilización e priorización dos traballos de roza e limpeza de fincas municipais.
11.- Presentada polo PP para subsanar o trato discriminatorio na subvención de bolsas de comedor que concede o concello.
12.- Presentada polo PP para rematar a execución da Autovía A-54 entre Santiago e Lugo.

Compartir: