Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 2 de setembro

9.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para presentar a colaboración de Turismo de Santiago co Monbus Obradoiro. Na rolda participarán o director de Marketing do Obradoiro, Daniel Agra, o membro do seu Consello de Administración Argimiro Fernández, e a nova fichaxe do equipo, David Walker.

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a presidenta do Consello Social da USC, Cecilia Sierra.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición Redeiras, unha profesión con historia. Tamén estará a presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, Verónica Veres.

Compartir: