Previsións informativas para o xoves 17 de xullo
11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, xunto co alcalde de Boqueixón, Jesús Sanjuas, e o tenente de alcalde da Estrada, Juan Constenla, para presentar o primeiro concurso fotográfico "Área Santiago".
12.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto coa concelleira de Cultura, María Antón, inaugura a exposición "Picheleir@s" no casco histórico compostelán. Comeza o percorrido na sede do Consorcio de Santiago (rúa do Vilar, 59).
12.30 h
Na praza de Abastos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á presentación das "Tabernas gastronómicas do Concello de Vedra".
18.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os decanos dos colexios de Avogados, Evaristo Nogueira, e Procuradores, José Paz. Asisten os voceiros dos grupos municipais. Declaracións ao remate.
20.00 h
No Salón de Actos do Hotel Eurostars Araguaney, a concelleira Reyes Leis asiste á presentación do libro "La España evidente", de Xosé Luis Barreiro Rivas.
20.00 h
Na Praza das Pratarías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño Maquieira.
20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro Alejandro Sánchez-Brunete asiste á presentación da publicación de Teófilo Comunicación "Santiago, meu amor", dedicada ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois.