IGUALDADE

Compostela celebra o Día Internacional das Mulleres coa lectura dun manifesto e co fallo do Premio Xohana Torres

08/03/2024

O Concello de Santiago conmemorou hoxe o Día Internacional das Mulleres cun acto institucional no que a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e representantes dos grupos municipais que integran a Corporación deron lectura a un manifesto. Tamén se celebrou a cerimonia na que se deu a coñecer o fallo do premio Xohana Torres, que recaeu na súa modalidade de ensaio/investigación en Montserrat Fajardo, polo seu traballo "Caídas" sobre "o Patronato, unha organización descoñecida para o público en xeral e...

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio celebran o seu 30 aniversario en La Laguna

08/03/2024

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrou este venres en La Laguna o concerto extraordinario con motivo do 30 aniversario da súa creación, un evento que se celebrou na Catedral desta cidade que ostenta a presidencia do Grupo, e que contou coa presenza do concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás. O éxito do concerto, con aforamento completo, marca o comezo dunha programación que durante os próximos meses encherá de actividades culturais e espectáculos as 15 cidades españolas recoñecidas...

Leer más
Compartir: