COMERCIO

Mesa redonda sobre a prostitución no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades"

05/03/2024

A tenda Naf Naf acollerá o próximo mércores unha mesa redonda sobre a prostitución, no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades", impulsada por unha ducia de comerciantes de Santiago en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Neste mes de marzo, a iniciativa fíxase o obxectivo de dar a coñecer o traballo que se desenvolve no programa Vagalume de atención integral a mulleres en situación de prostitución ou vítimas de...

Leer más

ALCALDÍA

Goretti Sanmartín presenta a proposta de protocolo de colaboración remitida á Xunta para mellorar a integración urbana do CHUS

05/03/2024

O Concello de Santiago enviou onte á Xunta de Galicia unha proposta de convenio na que se recollen unha serie de compromisos por ambas partes para mellorar non só a "calidade e cantidade dos servizos sanitarios" senón tamén a "mobilidade, as zonas de estacionamento e a adecuación ao territorio". Para isto, o Concello propón ao organismo autonómico a elaboración dun proxecto de interese autonómico (PIA) para a contorna do CHUS que estaría financiado nun 80% pola Xunta e nun 20% polas arcas municipais. A...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

‘Paüra’: música, teatro e circo para superar os medos a forza de gargalladas

05/03/2024

"Se non podes co medo, únete a el". Velaí a premisa que dá inicio a Paüra, o espectáculo da Compañía Lucas Escobedo que poderá verse no Auditorio de Galicia este sábado, día 9 de marzo, ás 18.30 horas. Esta montaxe interxeracional que enfeitiza tanto a rapazada como o público adulto reivindica o humor e a poesía como recursos para enfrontar os medos, vencelos ou deixalos marchar. A cabalo entre disciplinas, preséntase como un concerto teatral (con música en directo), que bota man...

Leer más

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

A Comisión de Seguimento do protocolo entre a USC e o Concello de Santiago cumpre coa axenda marcada e define áreas de traballo específicas na súa primeira reunión

05/03/2024

Entre as resolucións acordadas pola Comisión nesta primeira xuntanza, tratouse a proposta de subscrición por parte da USC de acordos con entidades promotoras de residencias universitarias baixo condicións específicas de acordo co Concello. A xestión administrativa e transferencia do coñecemento, o Plan Especial do Campus, así como a delimitación dos seus viais, e as infraestruturas son os primeiros eixes de traballo para os que se constituirán grupos de traballo específicos nas próximas semanas

Leer más
Compartir: