IGUALDADE

O Concello de Santiago lanza a campaña "Construamos o termo feminista de Compostela" e distingue varias mulleres vinculadas coa cidade polo 8 de marzo

04/03/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada polas coordinadoras da campaña de 7H Sociedade Cooperativa Galega, presentou esta mañá a iniciativa "Construamos o termo feminista de Compostela" que se materializará nunha serie de encontros participativos que se desenvolverán ao longo dos meses de marzo, abril e maio. O Concello de Santiago tamén fará un recoñecemento a varias mulleres que son referentes da cidade tanto pola súa traxectoria profesional como vital, no acto "Mulleres de Compostela...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Bota a andar a cuarta edición de "Somos Cultura" para difundir a riqueza das industrias culturais de Compostela

04/03/2024

Neste mes de marzo, as redes sociais encheranse de contidos audiovisuais para animar o consumo cultural e poñer en valor a fortaleza das industrias culturais de Santiago. Será no marco da campaña "Compostela Somos Cultura", impulsada desde a Concellaría de Promoción Económica, e que chega á súa cuarta edición. O edil do departamento en funcións, Xan Duro, presentou hoxe o programa, nunha rolda de prensa na que participaron o director artístico do proxecto, Xacobe Martínez Antelo, e a técnica...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de mantemento das pistas deportivas exteriores municipais de acceso libre

04/03/2024

O executivo municipal deu luz verde esta mañá á adxudicación do contrato para o servizo de inspección, mantemento, limpeza e traballos auxiliares das pistas deportivas exteriores de acceso libre do Concello de Santiago á empresa ACEINSA MOVILIDAD SA, por un importe de 275.880 euros (228.000 euros máis 47.880 euros de IVE). O executivo municipal tamén aprobou a lista de persoas autorizadas para usar as hortas urbanas municipais de Cotaredo.

Leer más

LINGUA

Máis de medio cento de vídeos recibidos para participar na sétima edición do Enreguéifate

04/03/2024

"Temos madeira regueifeira!" era o lema elixido para esta sétima edición do Enreguéifate. Unha afirmación que quedou constatada coa participación récord deste ano, xa que o certame vén de pechar inscricións cun total de 56 vídeos recibidos, 47 deles na categoría escolar e 9 na xeral. Entre elas, regueifas chegadas dende todos os recunchos das catro provincias galegas (Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Vilalba, A Coruña, Viana do Bolo, Melide, Vila de Cruces ou Dodro, entre...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

‘Deadpan Karaoke’ fai do público o auténtico protagonista

04/03/2024

O Teatro Principal acolle esta semana dous pases da última montaxe de Ibuprofeno teatro: o xoves 7 e o venres 8 ás 20.30 horas. Patricia Rodríguez, na dirección, e Marián Bañobre, na interpretación, encabezan un equipo creativo composto maioritariamente por mulleres.

Leer más
Compartir: