XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda a substitución de doce autobuses para garantir a correcta prestación do servizo de transporte
A Xunta de Goberno acordou, nunha sesión extraordinaria, a substitución de doce vehículos adscritos ao servizo de transporte urbano por outros tantos vehículos que serán facilitados pola actual concesionaria. Está previsto que os autocares empecen a operar nas próximas semanas.
DEPORTES
O Pazo de Raxoi acolle a presentación de Artem Pustovyi, a nova fichaxe do Monbus Obradoiro
Monbus Obradoiro continuou coas presentacións das incorporacións que realizou para a tempada 2023-2024. Artem Pustovyi, que xogou no Barça, Dreamland Gran Canaria e UCAM Murcia, regresa ao que foi a súa casa durante tres anos. Na sala de prensa do Concello de Santiago ofreceu as súas primeiras palabras nesta segunda etapa como obreiro nunha rolda de prensa que contou coa presenza da concelleira de Deportes, Pilar Luieiro.
MERCADOS
O Mercado de Abastos acolle un espazo con catas e degustacións para a promoción de produtos galegos
O Clúster Alimentario de Galicia, coa participación de once empresas socias, inaugura o vindeiro martes un espazo de promoción conxunta na Nave 6 do Mercado de Abastos de Santiago, que poderá visitarse ata o 19 de setembro. O obxectivo desta acción promocional que conta co apoio do Concello de Santiago, é dar a coñecer os produtos destas empresas galegas entre profesionais da hostalaría, consumidores habituais e turistas.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Resolta a convocatoria de bolsas de comedor, actividades extraescolares e material, con preto de 1.500 axudas concedidas
A concellería de Dereitos e Servizos Sociais vén de aprobar a concesión dun total de 1.451 axudas na convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o curso 2023-2024. A estas axudas destínase un orzamento total de 795.000 euros.