IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas o 3 de setembro na provincia de Girona e o 10 de setembro na provincia de Granada, vítimas de violencia machista.
CAPITAL CULTURAL
Tres estreas mundiais e dezasete estatais daranse cita na sétima edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia, que comeza este xoves en Santiago
Actress, Laurel Halo, Midori Takara, DJRUM, Lee Gamble, Croatian Amor ou Loraine James son os pratos fortes dun festival que se celebrará do 14 ao 17 de setembro en nove espazos da cidade. A escena galega terá unha presenza relevante tanto no cartel coma no encontro interxeracional nomeado O son electrónico de Galicia, ao que están convidados medio centro de colectivos, djs, promotores e artistas. Os últimos abonos e entradas de día dispoñibles para o WOS 2023 pódense adquirir a través do web oficial wosfestival.es.
IGUALDADE
O Concello pon en marcha o Protocolo para a Abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas en Espazos de Ocio Nocturno
A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Convivencia, Xan Duro, mantivo un encontro deliberativo para darlle o visto e prace e pór en marcha o Protocolo para a Abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas en Espazos de Ocio Nocturno do Concello de Santiago de Compostela. Esta reunión de traballo contou cunha grande asistencia e participación por parte de asociacións de hostalaría, forzas e corpos de seguranza, representación das mulleres e do colectivo LGTBI; representantes de colexios profesionais, do...