ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música ofrecerá catorce concertos dentro do segundo ciclo de "Camiños Sonoros"
"Rutas e Sinfonías" é o título que agrupa os catorce concertos que dará a Banda Municipal de Música nos vindeiros cinco meses. O programa, que foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director da formación, David Fiuza, conta cun oferta ecléctica que combina diferentes estilos e orixes para poder adaptarse a todos os gustos.
CIDADES PATRIMONIO
O alcalde de Salamanca asume a presidencia das Cidades Patrimonio co obxectivo de impulsar a recuperación turística cun novo plan operativo
O rexedor de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, é o novo vicepresidente segundo e presidente da Comisión de Educación, Cultura e Deporte. O Grupo celebrará o seu día en FITUR o 21 de xaneiro coa primeira Asemblea do ano e a presentación dos plans de acción con Turespaña e Paradores. Antes da celebración da Feira Internacional, a Comisión Executiva do GCPHE aprobará os seus orzamentos para 2022.
TURISMO
Santiago acolle un proxecto pioneiro que emprega o uso da tecnoloxía 5G para mellorar a experiencia do viaxeiro e fomentar o turismo
Grazas ao proxecto piloto centrado no desenvolvemento destas tecnoloxías no que participou Santiago, as persoas que visiten a cidade poderán gozar de todo o seu atractivo turístico, con contido adicional transmitido en tempo real, utilizando lentes de realidade aumentada.