ACCIÓN CULTURAL

Preséntase Compostela Filmada que ten como obxectivo difundir a vinculación de Santiago co mundo do cinema

05/05/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou Compostela Filmada, unha inciativa que ten como obxectivo dar a coñecer a intensa vinculación do Concello de Santiago co mundo do cinema. Este proxecto, coordinado por Óscar Senra, presente na rolda de prensa, artéllanse en torno a web compostelafilmada.gal, "unha ferramenta extraordinaria", en palabras de Rosón, "para pór en valor outra forma de patrimonio".

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Concello e Cruz Vermella poñen en marcha o Servizo Municipal de Urxencias Sociais, que permitirá ofrecer unha atención continuada as 24 horas os 365 días do ano

05/05/2021

A concelleira responsable de Políticas Sociais, Mila Castro, o presidente da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Santiago de Compostela, José Luis Barreiro Conde, e a coordinadora da mesma entidade, Rocío Ovalle, presentaron esta mañá o novo Servizo Municipal de Urxencias Sociais, SEMUS Compostela, co que se ofrecerá de xeito inmediato unha atención especializada ás persoas que, de forma imprevista, se atopan en situación de vulnerabilidade social. O proxecto ponse en marcha coa cofinanciación da Deputación da...

Leer más
Compartir: