ACCIÓN CULTURAL

Arranca a segunda edición de Plataforma, festival de artes performativas de Santiago de Compostela

25/05/2021

Entre o 26 de maio e o 5 de xuño de 2021 terá lugar a segunda edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, as artes escénicas, a arquitectura e o deseño. O festival foi presentado hoxe en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e contou coa asistencia de Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Santiago Olmo, director do CGAC; e dos directores do...

Leer más

MOCIDADE

Xa está aberto o prazo de inscrición no programa Hortalízate, que comezará o 3 de xuño

25/05/2021

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe unha nova edición do proxecto Hortalízate, destinado a adolescentes que comezará a funcionar o vindeiro 3 de xuño. O proxecto, segundo explicou, ten como obxectivo capacitar, adestrar e dulcificar a agricultura ecolóxica nas hortas urbanas da Almáciga. Acompañando a Rubén Prol estaba Luz Eyo, coodinadora do programa.

Leer más

ALCALDÍA

Os maiores turoperadores de Francia reúnense coas Cidades Patrimonio e Paradores nun acto en París

25/05/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou esta tarde en París no acto de presentación da oferta turística das cidades patrimonio aos principais turoperadores galos, acto no que tamén estivo presente a ministra de Turismo, Reyes Maroto, que animou os franceses a aproveitar o Ano Santo. Polo concello asistiu, así mesmo, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte.

Leer más

EDUCACIÓN

Roteiro da Escola Municipal de Música para homenaxear a Xela Arias

25/05/2021

O Departamento de Educación e a Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, no seu afán vertebrador de todas as artes, teñen previsto a celebración dun roteiro no Predio de Vista Alegre esta tarde no marco do Día das Letras Galegas. Nel sucederanse diferentes actuacións musicais que acompañarán o recitado de poemas de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano.

Leer más
Compartir: