ALCALDÍA

Visita institucional do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones

12/05/2021

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Santiago, onde asinou no libro de Honra e mantivo un encontro co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cos voceiros dos grupos municipais socialista, Sindo Guinarte; de CA, Marta Lois; e do BNG, Goretti Sanmartín; e co concelleiro do PP Ramón Quiroga. Tralo encontro, o delegado e o alcalde anunciaron a remodelación do cuartel da Garda Civil de Santiago, que estará en obras a principios de 2022.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Os premios Follas Novas recuperan o formato presencial sen público e serán transmitidos pola rede

12/05/2021

Os premios do libro galego, que este ano pasaron a denominarse Follas Novas, recuperarán nesta edición a gala de entrega, mentres reclaman atención para o sector do libro en Galicia, un sector que, a pesar da pandemia, resiste e busca a visibilidade dos públicos. En rolda de prensa, a que asisitiu a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, foi presentada esta edición dos premios que estrea denominación e que recupera o formato presencial de entrega. A cerimonia será celebrada en directo no Teatro Principal, sen...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Visita ao coworking da Cámara de Comercio de Santiago

12/05/2021

Na xornada de hoxe o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente provincial, Valentín González Formoso, visitaron o centro de coworking que a Cámara de Comercio de Santiago habilitou nas instalacións da entidade, no polígono de Costa Vella, e que vén de ser premiado de novo por Funcas e a Universidade Rey Juan Carlos como o mellor de España para a creación de empresas.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Santiago celebra o día da enfermaría

12/05/2021

A praza do Obradoiro acolleu a lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Enfermaría, acto ao que acudiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e os concelleiros José Antonio Constenla, Goretti Sanmartín e Navia Rivas.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O SEMUS xa conta con vehículo propio para a prestación do servizo de urxencias sociais

12/05/2021

O Servizo Municipal de Urxencias Sociais, o SEMUS, conta xa con vehículo propio para a atención de quen o requira. Foi presentado esta mañá na praza do Obradoiro polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Deputación, Valentín González Formoso; e o presidente da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Santiago, José Luis Barreiro, as tres administracións implicadas na posta en marcha do servizo. Tamén asistiron a concelleira de Políticas Sociais e deputada provincial, Mila Castro; a...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Maker Faire Galicia máis internacional e mediática anuncia os primeiros Hits para a súa 7ª edición, que se celebrará 100% en liña do 2 ao 6 de xuño

12/05/2021

O evento Maker máis importante da Península comeza a descubrir as súas cartas para esta edición 100% en liña que promete ser moi potente a nivel de contidos. Tras o peche do "call for makers" ou chamada a proxectos o pasado luns, a organización confirma que foron seleccionados 60 proxectos de 7 países diferentes, cos que os asistentes poderán falar en directo ao longo das cinco xornadas que dura o evento.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural de Santa Marta acolle durante o mes de maio a exposición "Dona Emilia e Compostela", que en xuño se trasladará ao CSC de Fontiñas

12/05/2021

O Centro Sociocultural de Santa Marta acolle, durante todo o mes de maio, a exposición Dona Emilia e Compostela. Hoxe abriu as súas portas ao público neste espazo, o mesmo día que se cumpren cen anos do pasamento da Condesa de Pardo Bazán, e despois de pasar polo Colexio de Fonseca. En xuño cambiará de espazo, e poderase ver no CSC das Fontiñas. Esta mostra amosa a fonda relación de Santiago na vida e na obra da que é considerada, por moitos, como a escritora galega mais universal.

Leer más
Compartir: