MEDIO AMBIENTE

O programa Tropaverde chega á súa fin tras acadar máis de 4000 socios e 15.000 accións de reciclaxe

11/05/2021

TROPAVERDE é unha iniciativa ambiental que naceu no ano 2015 impulsada polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de premiar as boas accións ambientais e concienciar a cidadanía da importacia de reciclar os residuos dun xeito correcto. Hoxe celebrouse a conferencia que pon o punto e final a este programa europeo presidida pola concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro.

Leer más

MOBILIDADE

En vigor desde hoxe os novos límites de velocidade nas zonas urbanas

11/05/2021

O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños; a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; e a xefa provincial da DXT, Victoria Gómez Dobarro, desprazáronse esta mañá ata o Campus Vida, unha das zonas nas que cambia o límite de velocidade, para dar conta da entrada en vigor hoxe das novas normas de circulación.

Leer más

MOBILIDADE

Aprobado o encargo a TUSSA da xestión e explotación da nova estación de autobuses de Santiago

11/05/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou encagar á Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago SA (TUSSA), a xestión da explotación da estación de autobuses de Santiago de Compostela integrada na estación intermodal, situada na rúa Clara Campoamor, así como das superficies e instalacións comprendidas dentro do recinto, incluída a pasarela peonil.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Luz verde ás bases reguladoras de venda de artesanía e venda ambulante de tempada

11/05/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou as bases reguladoras para o outorgamento das autorizacións correspondentes ao exercicio da actividade de venda de artesanía en postos desmontables na vía pública, e de venda ambulante de tempada; e iniciar o procedemento para a expedición das citadas autorizacións. Estas bases establecen as ubicacións na vía pública, o números de postos así como as datas e horarios de venda.

Leer más

EDUCACIÓN

O concelleiro de Educación inaugura o Certame de Teatro Intercentros

11/05/2021

O concelleiro de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, inaugurou hoxe o Certame de Teatro Intercentros, destinado a alumando de secundaria, e que se celebra ata mañá no Teatro Principal. Prol puxo en valor o teatro como "recurso educativo", e agradeceu o labor alumnado participante e do profesorado para "crear interese polo teatro na mocidade, e incindir na súa formación artística, lingüística, social, de autonomia e iniciativa persoal e dixital", plasmada no que cualificou...

Leer más

ACCION CULTURAL

A Xunta de Goberno Local aproba as bases das axudas de apoio a actividades culturais, ás que se destinan 555.000 euros

11/05/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou as "Bases da convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2021", que teñen como obxectivo o fomento das actividades organizadas polas persoas e entidades adicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas do concello de Santiago de Compostela durante o ano pasado. O orzamento destinado a estas subvencións é de 554.992,90 euros.

Leer más
Compartir: