DEPORTES

O 15 de maio ábrese o acceso de público ás instalacións deportivas municipais

10/05/2021

O acceso de público ás instalación deportivas do Concello permitirase a partir da vindeira fin de semana, 15 e 16 de maio, sempre que as entidades organizadoras o soliciten, así o indicou a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, que tamén fixo un repaso ás últimas actuación de departamento, que supuxeron un investimento de preto de 550.000 euros, e un avance do previsto para o que resta de ano, por un global de 880.000 euros.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a mellora do vial da rúa do Bidueiro, en Vidán, e a apertura do procedemento de adxudicacion do servizo de mantemento do Parque de Brandía

10/05/2021

A Xunta de Goberno Local reunida hoxe, aprobou, entre outros asuntos, o proxecto de estabilización de noiro e acondicionamento e mellora do vial na rúa do Bidueiro, en Vidán; e a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e de arboredo do Parque de Brandía, reservado a centros especiais de emprego. Dos asuntos tratados, deu conta o alcalde de Santiago. Xosé Sánchez Bugallo aproveitou a comparecencia para agradecer á cidadanía de Compostela, o comportamento...

Leer más

EDUCACIÓN

O Teatro Principal acolle o 11 e 12 de maio a representación de catro obras enmarcadas no Certame de Teatro Intercentros, dirixido a alumando de secundaria

10/05/2021

O Departamento municipal de Educación e as Equipas de Normalización Lingüística dos centros escolares de Santiago e comarca presentan un ano máis o Certame de Teatro Intercentros, destinado a alumando de ESO e Bacharelato de Santiago de Compostela e comarca, que este ano acada a súa edición número 25. Celebrarase mañá, 11 de maio, e o mércores día 12. Nas representacións, no Teatro Principal, participarán tres grupos de teatro de tres centros de secundaria e un grupo de danza.

Leer más

ALCALDÍA

A Deputación da Coruña estende as axudas do REACTIVA 2 á hostalaría das cidades de Santiago, Coruña e Ferrol

10/05/2021

Valentín González Formoso anunciou esta mañá que o 24 de maio se abrirá o prazo de solicitude das axudas para a hostalaría de Santiago, Coruña, e Ferrol tras reunirse con Xosé Sánchez Bugallo, Inés Rey e Ángel Mato, que demandaron que o plan provincial beneficiase tamén ás cidades onde se ubican a maior parte dos negocios do sector. Estas axudas serán tramitadas directamente desde a Deputación e son compatibles coas de outras administracións.

Leer más

POLITICAS SOCIAIS

AGADEA agasalla ao concello de Santiago cunha reprodución de tres cabezudos

10/05/2021

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA) fixo entrega esta tarde ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, dunha reprodución de tres cabezudos de Santiago realizados por usuarios e usuarias do taller de laborterapia. O rexedor agradeceulle persoalmente o agasallo, mostrouse interesado tanto polo labor que realiza a entidade, e destacou o detella que a entidade ten coa cidade de Compostela e coa súa cidadanía.

Leer más
Compartir: