TURISMO
A Asociación de Municipios do Camiño estimula a peregrinación nunha nova campaña promocional
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asistiu no Hostal dos Reis Católicos ao acto de presentación da campaña de estímulo e promoción do Camiño de Santiago "Respira hondo", posta en marcha pola Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS). No acto exhibíronse os dous spots da campaña, que inciden na seguridade da ruta e na experiencia persoal que supón a súa realización.
TURISMO
Santiago é a cidade de España con máis distincións "Preparados Covid"
Santiago de Compostela é o destino con maior número de establecementos e servizos distinguidos co recoñecemento "Preparados Covid", que garante o estrito cumprimento das Boas Prácticas Avanzadas do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) para a redución do risco de contaxio no sector turístico, segundo apuntou o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Xullo, mes do #Fotolingua
Durante o mes de xullo, o Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela convoca a quinta edición do concurso #Fotolingua, cuxo obxectivo principal é o de sumar maior visibilidade aos negocios que se comprometen co uso do galego.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago inicia as obras de reparación das cubertas das capelas da igrexa de San Martiño Pinario
No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo interadministrativo vai iniciar as obras de reparación das cubertas da igrexa de San Martiño Pinario, por un importe global de 114.950 euros. A empresa adxudicataria é Rehabita Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L. Prevese que a intervención estea rematada nun período de catro meses.