PLENO
A Corporación aproba en pleno a conta xeral de 2018
O Pleno, nunha sesión extraordinaria, aprobou esta mañá a conta xeral do ano 2018. O documento recibiu os votos favorables do grupo do Goberno e de Compostela Aberta, mentres que PP e BNG optaron pola abstención.
ACCIÓN CULTURAL
Amigos da Ópera e a Banda Municipal homenaxearán o compositor Andrés Gaos con dúas galas líricas en Vilagarcía e Santiago
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e a Banda Municipal de Música de Santiago homenaxearán neste mes de novembro a figura do compositor Andrés Gaos (1874-1959) con dúas galas líricas que se celebrarán en Vilagarcía e en Santiago os días 15 e 16 de novembro, respectivamente. Así, o anunciaron en rolda de prensa esta mañá a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director da Banda Municipal de Santiago; Casiano Mouriño; o presidente da Amigos da...
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello concede 1.127 bolsas para comedor, material escolar, actividades extraescolares e conciliación
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deu conta este xoves da resolución da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares, que aprobou onte a Xunta de Goberno. Nesta convocatoria, dotada con 600.000 euros, xestionáronse 758 expedientes. En total, concedéronse 1.127 bolsas nas súas diferentes modalidades.
IGUALDADE
Compostela en Negro volve denunciar as violencias machistas neste 25N e pide a implicación da cidadanía
A poucos días do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago faise un chamamento á participación de toda a cidadanía na campaña Compostela en Negro, que volverá tinguir a cidade de negro para denunciar a problemática das violencias machistas. En Compostela haberá unha acción específica este ano dirixida ao tecido empresarial compostelán coa colaboración da Asociación Empresarial do Polígono...
ALCALDÍA
Compostela conmemora o Día Mundial da Diabetes
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, visitou a carpa instalada na praza do Toural con motivo do Día Mundial contra a Diabetes pola Asociación Compostelá de Diabéticos.
TURISMO
Arrincou a XII edición de Santiago(é)Tapas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e outros/as integrantes da Corporación asistiron este venres no Restaurante TS A Casa ao comezo da XII edición do Santiago(é)Tapas e da I edición do Santiago(é)Coctel. Un total de 77 locais – a cifra máis alta dende que comezou o concurso – competirán por facerse cos premios ás mellores tapas e cócteles da capital galega. Todos eles poden consultarse na páxina web santiagoetapas.gal, así.../em>
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago realizará obras de mantemento na igrexa de San Caetano
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de mantemento da igrexa de San Caetano, por un importe global de 19.758,63 euros. A empresa beneficiaria é Cíes Obra Civil, S.L. Prevese un período de execución de dous meses.