POLÍTICAS SOCIAIS
Os servizos sociais municipais chegaron ata o 13% da poboación no último ano
08/01/2019
Leer más
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta esta mañá dos programas e accións desenvolvidos polo Departamento de Políticas Sociais no 2018 en relación ao comezo do mandato. A edila estivo acompañada das técnicas encargadas de elaborar o informe-memoria, a xefa de Servizo da Área de Acción Social, Teresa Furelos, e a xefa de Sección, Eva María González.
MEDIO AMBIENTE
O 22 de xaneiro remata o prazo para a presentación de ofertas para a xestión da cafetería da Granxa do Xesto
08/01/2019
Leer más
O próximo 22 de xaneiro remata o prazo para a presentación de propostas para a xestión da cafetería da Granxa do Xesto, no procedemento aberto polo Concello e que se pode consultar no Perfil do Contratante da web municipal. A duración da concesión será por tres anos, prorrogables noutros dous anos máis.