CENTROS SOCIOCULTURAIS
A sustentabilidade será o eixe temático da XXXI Semana Cultural de Conxo
A XXXI Semana Cultural de Conxo foi presentada este luns pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e polo técnico do CSC de Conxo, Xulio Noya. Esta edición comeza o día 5 e remata o 9 de setembro. Ademais, ata o día 26 de setembro, haberá unha exposición sobre comercio xusto organizada por Panxea.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberto o prazo de solicitude de participación nos obradoiros das escolas infantís municipais para o curso 2017-2018
A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que xa se pode solicitar a participación nos obradoiros das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío Salgueiriños para o curso 2017-2018. Estes talleres, dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, desenvolveranse durante o curso e tamén en períodos de vacacións escolares. Ofrécese un total de 45 prazas entre os tres centros.
ALCALDÍA
O WOS Festival celebra a súa IV edición consolidado como "o evento das propostas máis arriscadas"
Santiago acollerá, do 6 ao 10 de setembro, a cuarta edición do WOS Festival, un evento de carácter anual que pretende ofrecer unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na presentación do festival promovido pola produtora Work On Sunday, que "demostra que o relato cultural da cidade ten que construírse, non só dende as institucións, senón tamén desde a propia xente".
ACCIÓN CULTURAL
Renovación e venda de abonos da nova tempada da Real Filharmonía de Galicia
Xa está aberto o prazo para a renovación dos abonos da nova tempada da RFG. Ata o venres 8 de setembro, as persoas abonadas poden actualizar a súa afiliación nos teléfonos do Auditorio (981 571 026, en horario de 11:00 a 14:00 horas) e Abanca (902 434 443, en horario de 08:00 a 22:00 horas), e tamén en entradas.abanca.com en horario ininterrompido.