CONSORCIO
O director da Orquestra da Comunidad de Madrid, Víctor Pablo Pérez, dirixe esta semana por primeira vez a Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este xoves ás 20:30 horas na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia. A batuta levaraa o mestre Víctor Pablo Pérez, actual director da Orquestra e Coro da Comunidade de Madrid. Os músicos estarán acompañados polo Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, que dirixe Joan Company.
ALCALDÍA
A arxentina Rocío Soledad Alejandro recibe o X Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu a entrega do X Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, á arxentina Rocío Soledad Alejandro, pola súa obra La huerta de Simón. O álbum será publicado neste mesmo mes de novembro en todas as linguas da Península e, ademáis, a súa autora recibe un premio en metálico de 9.000 euros.
ALCALDÍA
Recoñecemento municipal á traxectoria do atleta Roberto Vieiro
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, recibiron o atleta Roberto Vieiro Pérez.
ALCALDÍA
Compostela acollerá en xaneiro de 2019 o III Congreso de Cooperación Internacional da OMC
A Organización Médica Colexial vén de elixir a Compostela como sede do seu III Congreso de Cooperación Internacional, que se celebrará en xaneiro de 2019. Así llo transmitiu hoxe ao alcalde o presidente do Colexio de Médicos da Coruña, Luciano Vidán. A entidade estima que no encontro participarán entre 400 e 500 persoas.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa na inauguración do Centro de Atención Social Continuada "Vieiro"
O alcalde participou esta mañá na inauguración do Centro de Atención Social Continuada "Vieiro", que Cáritas Diocesana de Santiago abriu na rúa de Carretas. Martiño Noriega sinalou que o Concello "valora de forma moi positiva a labor que a entidade ven desenvolvendo na cidade en distintos ámbitos". Tamén agradeceu o compromiso de Cáritas Diocesana e o seu traballo para que este centro sexa unha realidade.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Unhas 1.400 persoas participarán este sábado no IV Foro Emociona
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou o IV Foro Emociona, acompañado da directora deste encontro, Ana Framiñán. A cita é este sábado, 18 de novembro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, cunha participación estimada de 1.400 asistentes, consolidando así este Foro como un referente a nivel nacional neste ámbito da educación emocional e social.
TURISMO
O Plan Estratéxico de Turismo 2017-2022 inclúe unha enquisa aberta á participación cidadá
As persoas residentes en Santiago interesadas en colaborar na elaboración do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago poden xa cubrir unha enquisa dispoñible na páxina web do Concello. A enquisa é unha das principais ferramentas deseñadas para recoller as múltiples opinións que hai na cidade sobre a situación do sector e o seu futuro.
ACCIÓN CULTURAL
O actor Leonardo Sbaraglia recolle o Premio Cineuropa
Este martes preséntase intenso en canto a citas cinematográficas. Ás 20:00 horas terá lugar a entrega do Premio Cineuropa ao actor arxentino Leonardo Sbaraglia; ás 22:30 h celebraranse dúas estreas galegas no Salón Teatro e no Teatro Principal e, ao longo da xornada, realizaranse presentacións e coloquios de varios filmes galegos que están a acadar un éxito notable de público e crítica.