COMERCIO

O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto "12 comercios, 12 sensibilidades"

10/01/2024

Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome "12 Comercios, 12 Sensibilidades", a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude

Leer más
Compartir: