IGUALDADE
Unha nova xornada en liña de "Artellando Feminismo" aborda este xoves os estereotipos de xénero
A Concellaría de Políticas de Igualdade ofrece este xoves, de 19:00 a 20:30 horas, unha nova entrga do programa Artellando Feminismo cunha xornada en liña, de 19:00 a 20:30 horas, na que se falará sobre estereotipos de xénero. A iniciativa seguirá durante este mes de xuño con dúas novas xornadas os días 11 e 18.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais imparte un Curso de Especialización Instrumental dirixido a estudantes de grao medio ou superior
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2020-2021. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.
ALCALDÍA
Presentado ao comercio local o vídeo promocional da campaña #EuMercoAquí
Como vén acontecendo cada semana, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza cos representantes das asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede e Fundación Santiago Centro. Nesta ocasión, ademais de seguir avanzando en cuestións como o bono de estacionamento ou a campaña do comercio local, os/as representantes das asociacións comerciais puideron coñecer o vídeo promocional da campaña...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local abre o procedemento de licitación do estacionamento de Triacastela
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria celebrada este mércores, aprobou a apertura do procedemento de adxudicación das obras de acondicionamento na rúa de Triacastela para construír un estacionamento en superficie. O tipo de licitación é de 295.306 euros.