ACCIÓN CULTURAL
Ofrenda floral a Rosalía en San Domingos de Bonaval
A concelleira e primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón asistiu á ofrenda floral realizada a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.
ALCALDÍA
O alcalde demanda seguir dando pasos cara unha sociedade igualitaria e sen violencia machista
O alcalde de Santiago realizou a Ofrenda Nacional ao Apóstolo. Na súa condición de delegado rexio, Xosé Sánchez Bugallo demandou a colaboración institucional para o éxito do Ano Santo 2021 e esixiu seguir avanzando en prol dunha sociedade igualitaria e para "erradicar de raíz" a lacra da violencia machista.
ALCALDÍA
Bando da Alcaldía con motivo do 25 de xullo
A capital de Galicia celebra as festas do seu patrón, o Apóstolo Santiago, cun universo sonoro de músicas que traspasa fronteiras, cun espectáculo de luz e son que nos lembra a historia da cidade e o protagonismo das súas mulleres; e cunha programación deportiva e cultural pensada para todos os composteláns e compostelás, para todos os galegos e galegas, e para todas aquelas persoas que nos visitan, sexan de onde sexan e veñan de onde veñan.
FESTAS
O Compostela Trad Fest ofrecerá máis de 13 horas de música noutra xornada das festas do Apóstolo
A xornada deste venres nas festas do Apóstolo está marcada polo Compostela Trad Fest, que durante máis de 13 horas encherá as rúas e prazas da cidade de música tradicional e outras actividades.