DEPORTES

Compostela acolle este domingo o Campionato de Galicia de Ciclocross

26/12/2017

Os arredores do Estadio de San Lázaro serán o escenario do circuíto onde se dispute na mañá deste domingo, 31 de decembro, o Campionato de Galicia de Ciclocross. A inscrición aínda segue aberta ata o xoves para unha proba que, á vista das previsións meteorolóxicas, promete espectáculo. Os detalles da carreira foron ofrecidos nunha rolda de prensa na que participaron a concelleira de Deporte, Noa Morales; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o presidente do Club Ciclista...

Leer más

ADMINISTRACIÓN

A Xunta de Goberno Local aproba a creación de 44 novos postos de traballo

26/12/2017

A Xunta de Goberno vén de darlle luz verde á Oferta Pública de Emprego do 2017, que inclúe a creación de 44 postos de traballo e a convocatoria de dúas prazas de promoción interna para uxieres. O Concello continúa así dotando de recursos humanos á Administración local, a pesar das restricións marcadas polo Goberno central coa taxa de reposición.

Leer más

NADAL

Música en directo con TT Syndicate e fogos artificiais para despedir o ano

26/12/2017

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, deu conta dos detalles da festa de fin de ano, que arrancará o domingo 31 ás 23:15 horas. Haberá reparto de uvas e bolsas de cotillón para as 1.000 persoas que se acheguen á praza do Obradoiro para vivir unha festa á que porá música a formación portuguesa TT Syndicate. Despois das badaladas haberá unha sesión de fogos artificiais.

Leer más

ESPAZOS CIDADÁNS

A aprobación dos estudos de detalle abre a porta á solicitude de axudas nas ARIS de Vite e Pontepedriña

26/12/2017

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe os estudos de detalle das Áreas de Rehabilitación Integral de Vite e Pontepedriña, que foron aprobados de forma inicial na Xunta de Goberno do pasado venres. Trátase dos documentos que establecen os criterios de intervención para a instalación de ascensores, así como para outras actuacións que busquen mellorar tanto as condicións de accesibilidade dos edificios como a eficiencia enerxética. Os estudos de detalle, catro de Vite e...

Leer más

CONSORCIO

O trompetista venezolano Pacho Flores impartirá clases e ofrecerá tres concertos coa Real Filharmonía de Galicia

26/12/2017

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. En xaneiro contarase coa presenza do aclamado trompetista venezolano Pacho Flores, que ofrecerá ademais tres concertos coa Real Filharmonía de Galicia: o día 11 en Santiago (Auditorio de Galicia), o 12 en Vigo (Teatro...

Leer más
Compartir: