ALCALDÍA
Goretti Sanmartín convértese na primeira alcaldesa de Santiago e comprométese a situar Compostela na vangarda da igualdade, do feminismo, da sostibilidade, do emprego e do benestar
Goretti Sanmartín tomou posesión do cargo de alcaldesa na sesión de constitución da nova Corporación municipal 2023-2027 celebrado na mañá deste sábado. A cabeza de lista do BNG foi elixida ao ser a candidata máis votada con 14 votos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O programa Vive o verán 2023 oferta 3.000 prazas para actividades como música ao vivo, danza, roteiros ou obradoiros artísticos para todos os públicos
A vindeira semana arrancan as actividades do programa "Vive o verán 2023", organizado pola Rede de Centros Socioculturais, que oferta nos meses de xuño, xullo e setembro arredor de 3.000 prazas para 42 actividades culturais e de ocio de balde, repartidas en 100 sesións en diferentes localizacións e horarios. O programa arrancará a vindeira semana cos roteiros dedicados á recollida das Herbas de San Xoán.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase ao Día Internacional das Persoas Refuxiadas cunha campaña de sensibilización e un concerto da Banda Municipal
Cada ano, o 20 de xuño conmemórase o Día Mundial da Persoas Refuxiadas co propósito de dar visibilidade á difícil situación de aqueles que foxen dos conflitos ou das persecucións, e poñer o foco nos dereitos, as necesidades e os soños destas persoas. Este ano, o Concello colabora a través dunha campaña que pretende dar visibilidade aos artigos da Declaración dos Dereitos Humanos que garanten a protección das persoas refuxiadas.
SEGURIDADE CIDADÁ
Últimos días para solicitar o permiso para realizar cacharelas en espazos públicos e privados
Para as persoas, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada nun espazo público da súa zona de residencia, o prazo remata o 20 de xuño. No caso dos particulares que vaian facer esa cacharela ou sardiñada nun terreo dunha propiedade privada, a solicitude poderá facerse ata o 21 de xuño.
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC Criminal reúne na Quintana o máis destacado do panorama ibérico
Susana Martín Gijón, Arantza Portabales, Pepe Coira, Ledicia Costas ou o portugués Francisco Moita Flores debaterán sobre as ficcións máis escuras na nova sección de SELIC.
TURISMO
Música, obradoiros e queimada para celebrar San Xoán na Praza de Mazarelos
A Praza de Mazarelos acolle a partires das cinco da tarde unha nova edición do Festival con actividades para todos os públicos.
ALCALDÍA
Esta tarde entréganse os premios do concurso escolar 'Coñece o teu concello'
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolle esta tarde o acto de entrega de premios da nova edición do concurso escolar 'Coñece o teu concello', que organiza La Voz de Galicia coa colaboración do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña. O alcalde de Santiago en funcións, Xosé Sánchez Bugallo, presidirá o acto no que se fará entrega dos diplomas aos escolares premiados nas categorías de debuxo e redacción.
MEDIO AMBIENTE
O Concello promove a reciclaxe coa iniciativa 'Que ben que vén!'
'Que ben que vén' é unha acción de rúa promovida polo Concello de Santiago para concienciar á cidadanía sobre a reciclaxe e a xestión de residuos especiais. Este punto de información aos viandantes estará instalado na rúa Virxe da Cerca durante toda a xornada de mañá.
ACCIÓN CULTURAL
João Afonso trae a súa biblioteca persoal á SELIC
O cantautor musicará clásicos das letras portuguesas, nunha xornada que contará tamén cun recital-concerto de Antía Otero, Faia Díaz e Benxamín Otero.
DEPORTES
Ábrese o prazo para solicitar as subvencións destinadas ao deporte federado
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou hoxe a convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado, aprobadas pola Xunta de Goberno local o pasado 5 de xuño. Estas axudas contan cun orzamento de 308.000 euros e poderán ser solicitadas nun prazo de 15 días naturais a partir da súa publicación no BOP.