MOBILIDADE E CONVIVENCIA

A Xunta Local de Seguridade aborda o dispositivo para as Festas do Apóstolo

29/06/2023

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade á que asistiron, entre outras autoridades, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o concelleiro de Convivencia, Xan Duro e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, co obxectivo de coordinar de forma conxunta as medidas de reforzo para garantir a prevención e seguridade da cidadanía durante as Festas do Apóstolo deste ano.

Leer más

DEPORTES

Santiago acollerá este sábado a III Carreira Guerreira polos nenos e nenas con epilepsia e enfermidades raras

29/06/2023

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá a terceira edición da Carreira Guerreira que se celebrará o vindeiro sábado 1 de xullo e cuxos beneficios irán destinados integramente ás iniciativas desenvolvidas pola Asociación Guerreros Púrpura para visibilizar e mellorar a calidade de vida de nenas e nenos con epilepsia e enfermidades raras neurolóxicas e metabólicas.

Leer más

IGUALDADE

O Concello de Santiago celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBI+

28/06/2023

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto central de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI+, no que se deu lectura a un manifesto por parte das concelleiras dos diferentes grupos municipais Mercedes Rosón (PSdG PSOE), Míriam Louzao (BNG), María Baleato (PP) e María Rozas (Compostela Aberta). A alcaldesa, Goretti Sanmartín, foi a encargada de abrir e pechar o acto que tamén contou coa participación dun grupo de alumnos e alumnas do IES do Sar.

Leer más

EDUCACIÓN

Máis de 250 cativos e cativas participan en tres simulacros de evacuación nas escolas infantís de Santiago

27/06/2023

As escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños acollen ao longo desta semana unha serie de simulacros simulando unha situación de emerxencia co fin de mellorar a seguridade dos escolares e dos profesionais do centro. Os concelleiros de Educación, Míriam Louzao, e de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, asistiron ao simulacro que tivo lugar esta mañá na EIM de Conxo, no que participaron preto e 70 nenos e nenas.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

O Festival Atlántica celebra en Santiago as identidades compartidas

27/06/2023

Compostela concentra boa parte da actividade do Festival Atlántica cunha vintena de espectáculos entre os días 3 e 8 de xullo. Contos, música e rutas narradas conforman un programa con funcións para todos os públicos, entre as que destaca a estrea absoluta do último espectáculo de José Luis Gutiérrez ‘Don Guti’, o vindeiro 7 de xullo na Colexiata de Sar.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Mañá inaugúrase no Auditorio de Galicia '1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega', un ensaio expositivo inédito en Galicia

27/06/2023

O proxecto xurde arredor da investigación sobre arte urbana feminista baixo a mirada das especialistas en graffiti e muralismo contemporáneo, Amabel González Troncoso e Clara Rodríguez Cordeiro, comisarias da mostra. Un percorrido pola obra de 31 artistas galegas, algunhas das cales teñen intervido nos muros en sala, que estará aberta até o 12 de novembro.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello e o Consello da Cultura Galega traballarán para converter Santiago "en vangarda e referente cultural"

26/06/2023

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Capital Cultural, Mírima Louzao, mantiveron esta mañá un primeiro encontro institucional coa presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, tras o que anunciaron a vontade de ambas institucións para colaborar en temas como o centenario do Seminario de Estudos Galegos ou o proxecto para impulsar a proxección exterior de Santiago e da cultura galega a través da figura de Rosalía de Castro, "unha prioridade fundamental para o Concello nos próximos meses".

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas e o convenio de colaboración coa SD Compostela

26/06/2023

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas e físicas durante a tempada 2023/24. Tamén se deu luz verde aos convenios de colaboración para este ano coa Sociedade Deportiva Compostela, a Federación Gallega de Kárate y D. A. e coa Federación Galega de Judo e Deportes Asociados por un importe total de 76.000 euros.

Leer más

PLENO

Celébrase o Pleno de organización do Concello

24/06/2023

O Pleno da Corporación municipal reuniuse esta mañá en sesión extraordinaria para tratar os puntos relativos á súa organización. Así, decidiuse a periodicidade das sesión, a creación e composición das comisións, a representación dos grupos nas distintas entidades municipais ou o réxime de indemnizacións e dedicacións exclusivas dos membros das corporación.

Leer más
Compartir: