XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba unha transferencia de crédito a Tussa para o alugueiro de autobuses

20/07/2023

A Xunta de Goberno acordou hoxe realizar unha transferencia adicional de crédito en favor de Tussa para que a empresa municipal poida alugar este ano unha pequena flota de autobuses para prestar o servizo do transporte urbano. En concreto, aprobouse un expediente de crédito por case 125.000 euros, financiados con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais do Concello do exercicio de 2022.

Leer más

CONSORCIO

Federico García Lorca regresa a Compostela a través dunha mostra pioneira

20/07/2023

O Consorcio de Santiago inaugura a exposición 'Lorca en Compostela', que reúne na Casa do Cabido máis de oitenta documentos e pezas, algún deles nunca exhibidos. Será a primeira vez que se mostren conxuntamente ao público elementos que revelan a fondísima relación do poeta andaluz coa capital, a lingua e a cultura galega.

Leer más

FESTAS

As pregoeiras animan a todo o mundo a achegarse á praza do Obradoiro esta noite e "bailar ao son de Leilía"

20/07/2023

Felisa Segade, Montse Rivera e Patricia Segade foron recibidas esta mañá pola alcaldesa e as concelleiras Pilar Lueiro e María Rozas no Pazo de Raxoi. As integrantes de Leilía prometeron para esta noite un pregón "non ao uso", no que non faltará a música nin o baile e reiteraron o chamamento a todas as asociacións folclóricas compostelás para que se acheguen ao Obradoiro a celebrar o arranque das Festas do Apóstolo. "Para nós é unha honra e un orgullo poder dar o pregón da nosa...

Leer más

FESTAS

O pregón de Leilía marca o punto de partida das Festas do Apóstolo deste ano

19/07/2023

As Festas do Apóstolo 2023 botan a andar mañá, xoves 20, cun pregón a cargo das integrantes do mítico grupo Leilía que terá lugar ás 22.00 h desde o balcón do Pazo de Raxoi. A praza do Obradoiro acollerá a continuación o concerto do recoñecido grupo xamaicano de reggae, The Original Wailers, fundado en 1963 por Bob Marley.

Leer más

FESTAS

Daniel Lorenzo Santos, Mª Rosa Álvarez Prada, Ánxeles González Porto e os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi serán homenaxeados o vindeiro 25 de xullo no acto ‘Alba de Compostela’

18/07/2023

O Concello de Santiago celebrará o vindeiro 25 de xullo, con motivo do día grande das Festas do Apóstolo, o acto ‘Alba de Compostela’ no que se renderá homenaxe ás persoas ou institucións que constrúen cidade todo o ano. Daniel Lorenzo Santos director da Fundación Catedral de Santiago; os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi; Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e directora técnica do Plan Socio-Comunitario de Vite; e Ánxeles González Porto, propietaria...

Leer más

EDUCACIÓN

O Verán CampUSC, un espazo aberto á conciliación laboral e familiar da cidadanía

18/07/2023

A concelleira de Educuación, Míriam Louzao, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, visitaron esta mañá as instalacións deportivas e as zonas verdes do Verán CampUSC, iniciativa coa que a USC en colaboración co Concello de Santiago, pretende ofrecer á cativada espazos seguros para promover valores de perspectiva de xénero, disciplina, esforzo, integración e hixiene.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba os convenios de colaboración con 11 entidades locais por un importe de 220.000 euros

17/07/2023

O executivo municipal acordou a adxudicación do contrato para o "Servizo de conservación, mantemento, reposición e nova instalación da sinalización horizontal, sinalización vertical e elementos de balizamento de tráfico nas vías públicas do termo municipal de Santiago de Compostela" por un orzamento de 1.949.153,44 euros. Tamén se deu luz verde á concesión á USC da licenza para realizar o acondicionamento de espazos na Facultade de Química sita no CAMPUS VIDA, que contará cun...

Leer más

EDUCACIÓN

O Concello abre o día 18 de xullo o prazo de inscrición no servizo de comedor e madrugadores para o curso 2023-2024

17/07/2023

A Xunta de Goberno Local acordou aprobar esta mañá os prazos e procedementos de admisión nos servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2023-2024. Divídese en dúas modalidades: as novas incorporacións, que teñen de prazo do día 18 ata o día 28 de agosto (ambos incluídos) para formalizar a inscrición; e as familias que durante o curso pasado fixeron uso do servizo, que quedan incorporadas...

Leer más
Compartir: