CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de centros socioculturais oferta 7.400 prazas nas actividades para o curso 2023-2024
O concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, acompañado pola técnica de programación dos centros socioculturais, Lourdes de la Cruz, deu conta hoxe en rolda de prensa da programación dos CSC para a tempada 2023-2024. Un repaso polas preto de 7.400 prazas ofertadas dentro do programa de actividades organizadas polo Concello de Santiago, e cuxo prazo de preinscrición estará aberto do 6 ao 21 de setembro.
LINGUA
Aberto o prazo para inscribirse na quenda de outono de dous obradoiros de acollemento lingüístico
O próximo 20 de setembro comeza unha nova quenda dos obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago. Esta actividade de formación presencial en lingua e cultura galegas está dirixida á veciñanza procedente doutras comunidades lingüísticas e vaise desenvolver nas dependencias do Espazo Apego (rúa República do Salvador, 12) todos os luns e mércores ata o 20 de decembro. O prazo para inscribirse está aberto ata o 15 de setembro.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas en Salamanca e Valencia, vítimas de violencia machista.
DEPORTES
Máis de 340 xogadores e xogadoras de baloncesto participarán este sábado no 3x3 "Camiño a Compostela" no Área Central
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá a I edición do 3x3 "Camiño a Compostela", que organizan a Federación Española e Galega de Baloncesto co apoio do Concello de Santiago. Este torneo desenvolverase o sábado 2 e domingo 3 de setembro na praza Europa de Área Central.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Programación da Rede de Centros Socioculturais
Santiago de Compostela conta con máis de 40 centros socioculturais distribuídos entre os diversos barrios que conforman o municipio, que ofertan unha programación estable de exposicións, conferencias, ciclos formativos e audiovisuais, cursos, etc.
O Departamento de Centros Socioculturais programou, para esta nova tempada 2023/2024 actividades con máis de 7.000 prazas ofertadas, a maiores das deseñadas para as aulas de xogo e de lectura, a través de programacións específicas que se desenvolverán en distintos...
ALCALDÍA
O Concello rende homenaxe a Jorge Corbacho no primeiro aniversario do seu falecemento
O Parque de Bombeiros acolleu esta mañá un acto en lembranza do bombeiro Jorge Corbacho Mauricio, falecido en acto de servizo o 30 de agosto do pasado ano. Durante a homenaxe, descubríronse unha placa conmemorativa e un retrato do mozo, realizado por Néstor Reinaldo. O acto contou coa presenza da familia de Jorge; da alcaldesa, Goretti Sanmartín; do concelleiro responsable do corpo dos bombeiros, Xan Duro; de representantes da Corporación Municipal; do persoal do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, da Policía Local e de...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Este sábado arranca o Festival Agustín Magán de Teatro Afeccionado, no que colabora o Concello de Santiago
O XXII Festival Agustín Magán desenvolverase entre o 2 e o 22 de setembro no Teatro Principal, na Sala Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, e no Salón Teatro. O evento, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, conta co apoio o Concello de Santiago.
CAPITAL CULTURAL
Comezan as intervencións murais do V Delas Fest
Entre o 30 de agosto e o 12 de setembro, as artistas Amaia Arrazola, Julieta XLF, Doa Oa e Eloise Gillow realizarán cadanseu mural na comarca de Santiago. Como novidade, o Festival de Arte Urbana Feminista e Contextual incluirá dous obradoiros de graffiti para familias en Santiago e Bertamiráns (Ames).
ALCALDÍA
A alcaldesa e o director da Escola Oficial de Idiomas abordan temas de interese para a cidade no seu primeiro encontro
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Deportes e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro, mantiveron esta mañá un encontro co director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, no que trataron temas como a mellora das infraestruturas da EOI, a vindeira edición da gala aRitmar así como futuros proxectos de colaboración entre as dúas institucións para a promoción da cultura e dos idiomas.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas mulleres asasinadas en Cádiz o 23 de agosto e en Granada o 6 de maio, vítimas de violencia machista.