CONSORCIO
A exposición 'Lorca en Compostela' recibiu en dous meses preto de 13.000 persoas
Converteuse xa na mostra máis visitada desde a apertura da Casa do Cabido como sala de exposicións. Agárdase incrementar estas cifras coas visitas dos grupos escolares a partir deste mes
CIDADES PATRIMONIO
Éxito da Noite do Patrimonio nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España no 30 aniversario do Grupo
Miles de persoas asistiron a este evento cultural único en Europa coincidiu coa celebración do XXX Aniversario da creación do Grupo e a aprobación do manifesto que afronta os grandes retos e desafíos para as próximas décadas. A Asemblea celebrada en Ávila aprobou conceder o prestixioso Premio Patrimonio 2024 á cidade de Marrakech, "para expresar a nosa solidariedade e o noso apoio non só a unha cidade extraordinaria, senón a todo o pobo marroquí", afirmou o presidente.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E CAPITAL CULTURAL
Cornes conmemora o 150 aniversario da primeira liña ferroviaria de Galicia
Os concellos de Santiago e de Vilagarcía celebraron esta mañá un acto institucional conxunto con motivo do 150 aniversario da posta en marcha da primeira liña ferroviaria galega que uniu Cornes, no barrio de Conxo, con Carril. Durante o acto, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcalde de Vilagarcía, Tania García, inauguraron unha exposición sobre a historia do tren en Galicia e descubriron unha escultura dun cambio de agullas para homenaxear o mundo ferroviario.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Activado o plan de renovación de illas soterradas de residuos
Este verán procedeuse á renovación de 15 illas soterradas de recollida selectiva de residuos de vidro, papel e envases. Ademais, incorporaranse colectores específicos en superficie para a fracción orgánica de residuos sólidos urbanos (FORSU), a carón deles, para evitar os problemas de lixiviados que deterioraban o sistema hidráulico. Con esta intervención, facilítaselle o depósito de residuos á veciñanza e, ao mesmo tempo, axilízase o mecanismo de funcionamento.
ALCALDÍA
Santiago dá a benvida ás delegacións ministeriais que participan no Consello de Asuntos Económicos e Financeiros da Unión Europea (ECOFIN)
O Pazo de Raxoi acolleu esta tarde unha recepción de benvida ás delegacións ministeriais que participan no Consello de Asuntos Económicos e Financeiros da Unión Europea (ECOFIN) que se desenvolverá desde mañá, 15 de setembro, ata o sábado 16 en Compostela.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello impulsa un programa de dinamización económica nos barrios periféricos, baixo o lema "Vitamina B de Barrio"
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude pon en marcha Vitamina B de Barrio unha iniciativa da acción "Aposta por ti, aposta polo teu Barrio" da EDUSI REVIVE de Santiago de Compostela, coa que o Concello de Santiago pretende traballar as competencias emprendedoras nos ámbitos identificados como prioritarios para o desenvolvemento económico do concello.
XUVENTUDE
Sete grupos residentes dos locais de ensaio do Centro Xove mostrarán o seu talento no II Festival Lanzadeira CX
A praza 8 de Marzo acollerá o próximo sábado o II Festival Lanzadeira CX, un concerto que tén como obxectivo darlle visibilidade ás bandas residentes dos locais municipais de ensaio do Centro Xove da Almáciga. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, presentou o cartaz, do que forman parte sete grupos "integrados por xente moi nova, de estilos diversos, e todos eles cun enorme potencial". María Rozas estivo acompañada polo docente responsable do Lanzadeira, Guillermo Vistoso.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Italia en España
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi ao embaixador de Italia en España, Giuseppe Buccino Grimaldi
ALCALDÍA
Recepción á embaixadora de Croacia en España
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi á embaixadora de Croacia en España, Nives Malerica.
MOBILIDADE
Santiago celebra a Semana Europea da Mobilidade "reivindicado o uso da bicicleta e unha mobilidade sen barreiras"
Santiago súmase á Semana Europea da Mobilidade, cunha ampla axenda de actividades que tratarán de concienciar á cidadanía da necesidade de fomentar os modos brandos de transporte. Cadrando con este evento, o Goberno convocará a reunión do Pacto Local pola Mobilidade, o venres 22 de setembro.