MOBILIDADE

As familias do Pío XII e Raíña Fabiola poderán acceder de balde ao aparcamento de Galeras nos horarios de entrada e saída do colexio

13/10/2023

As familias dos colexios Raíña Fabiola e Pío XII poderán estacionar de balde durante 15 minutos nos horarios de entrada e saída do centro escolar no aparcamento A Catedral, situado na rúa de Galeras. Así o acordou a Concellería de Mobilidade cos responsables do estacionamento, co obxectivo de paliar os problemas de circulación e aparcamento na contorna dos dous colexios.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

O Concello de Santiago celebra o centenario do Seminario de Estudos Galegos cun roteiro pola cidade, un caderno conmemorativo e un documental

13/10/2023

Ademais de colaborar na organización do roteiro que se celebrou onte entre Santiago e Ortoño, emulando a andaina fundacional que realizaron algúns dos membros do SEG hai 100 anos, o Concello celebra o centenario do Seminario de Estudos Galegos con máis actividades: un novo roteiro, neste caso por diferentes puntos de Compostela significativos na historia da entidade; un caderno conmemorativo da efeméride e unha unidade didáctica para os centros educativos. Tamén elaborou o documental ‘Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos’.

Leer más

CONVIVENCIA

A Semana da Prevención de Incendios chega á Alameda para sensibilizar a veciñanza e mostrar como reaccionar en situacións de emerxencia

11/10/2023

Mostrar as claves para escapar dun incendio ou para usar mangueiras e extintores, ensinar a realizar unha reanimación cardiopulmonar, ou alertar sobre as principais causas das orixes dos lumes nos fogares. Son algúns dos obxectivos da Semana da Prevención de Incendios, organizada polo Servizo Municipal de Extinción de Incendios, a Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros. As actividades serán o luns e martes próximos, na Alameda.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Luz verde ao inicio da contratación do servizo de mantemento das pistas deportivas exteriores e ás bases do II Premio á Excelencia Empresarial

11/10/2023

A Xunta de Goberno, reunida en sesión extraordinaria, aprobou o expediente de contratación do servizo de mantemento das pistas deportivas exteriores de acceso libre do Concello, así como ás bases reguladoras e á convocatoria para o ano 2023 da II edición dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030.

Leer más

ALCALDÍA

A alcaldesa reúnese coa directiva da Área Empresarial do Tambre

11/10/2023

A alcaldesa Goretti Sanmartín e a tenente de alcaldesa e concelleira de Promoción Económica, María Rozas, mantiveron unha reunión coa directiva da Asociación Área Empresarial Polígono do Tambre para analizar a situación do edificio do Biopolo Sionlla. Neste encontro estiveron, por parte da Asociación Área Empresarial Polígono do Tambre, José Fernández Alborés, Flor Mariño, Manuel Nieto e José Manuel Beceiro.

Leer más
Compartir: