CAPITAL CULTURAL

A música contemporánea centra a axenda cultural da fin de semana no Auditorio de Galicia

07/06/2024

Como parte das Xornadas de Música Contemporánea, a JONDE ofrecerá entre o venres e o domingo dous concertos de cámara e un para ensemble no que presentará catro estreas absolutas, dúas delas realizadas por encargo específico da orquestra. Todos os recitais son de acceso libre até completar capacidade e irán precedidos dunha sesión comentada a cada programa da man da musicóloga Rosa Fernández

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Compostela Cultura conmemora o Día Europeo da Música cunha programación que celebra a diversidade cultural

07/06/2024

Do 18 ao 22 de xuño, o Teatro Principal acollerá catro concertos e un espectáculo de danza con música en directo que combinan sonoridades tradicionais e contemporáneas. As entradas e convites están xa á disposición do público na web de Compostela Cultura e no despacho de billetes na Zona C ·Punto de información Cultural e tamén se poderán retirar no despacho de billetes do Teatro o día de cada evento dende unha hora antes do seu inicio.

Leer más

CONVIVENCIA

Máis de 800 nenos e nenas pasarán nestes días pola Alameda para participar nas actividades da Semana da Prevención de Incendios

06/06/2024

Máis de 800 escolares de Santiago pasarán hoxe e mañá pola Alameda, para participar nas actividades da Semana de Prevención de Incendios organizada polo Servizo Municipal de Extinción, a Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros. O obxectivo do programa é sensibilizar á veciñanza e mostrar as claves para reaccionar diante de situacións de emerxencia.

Leer más

COMERCIO

Ir de tendas en Santiago volverá ser unha festa nunha nova edición de "Prima 24"

05/06/2024

Música, pasarrúas, animación infantil e moitos agasallos conforman a programación de "Prima 24", a festa do comercio local que se desenvolverá os días 14 e 15 de xuño. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a programación, reiterando o compromiso do Concello co comercio de proximidade e facendo un chamamento á veciñanza a consumir nos establecementos de barrio, "que son os que fan cidade e os que mesmo contribúen a...

Leer más

UMAD

Reactívase o Consello Municipal de Saúde cunha sesión centrada no Plan Municipal de Saúde

04/06/2024

A xuntanza do Consello Municipal de Saúde tivo lugar esta tarde e estivo presidida pola concelleira delegada da UMAD, Pilar Lueiro, en calidade de vicepresidenta. Durante a sesión, na que tomaron posesión os novos membros, abordouse a posta en marcha do I Plan Municipal de Saúde centrado nas actividades físico-deportiva en infancia e maiores, nos trastornos aditivos e na saúde mental co obxectivo de mellorar a vida da veciñanza de Santiago.

Leer más

EDUCACIÓN

Publícanse as listas definitivas das escolas infantís municipais para o vindeiro curso

04/06/2024

O Concello de Santiago acaba de publicar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as así como a lista de agarda para as escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. As familias con nenos e nenas que teñan adxudicada unha praza para este curso escolar 2024-2025 deberán formalizar a matrícula entre o día 11 e o 18 de xuño.

Leer más

DEPORTES

Máis de 600 deportistas participarán esta fin de semana nos campionatos de España de loitas olímpicas e de praia

04/06/2024

Santiago acolle este sábado 8 e domingo 9 de xuño tres campionatos absolutos de España de loita nas modalidades olímpicas de loita libre feminina, loita libre masculina e loita grecorromana. Tamén se celebrarán os campionatos de España de Praia nas categorías absoluta e U17 de loita e sambo. Os torneos, que se desenvolverán no pavillón municipal de Santa Isabel, foron presentados esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Pablo Pintos Figueiroa, director...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

A SELIC reafirma os seus vencellos con Compostela e aposta polo cómic galego

04/06/2024

A SELIC arrinca este venres 7 de xuño cunha extensa programación de máis de 60 actividades, que alén de nomes internacionais como John Banville ou Adanía Shibli, destaca pola diversidade da súa oferta, tanto nos xéneros como nos formatos. Poesía, narrativa, relato curto, contacontos, obradoiros, paseos, dramatizacións ou xogos de rol son algunhas das opcións que encherán a Quintana durante 10 días, até o domingo 16 de xuño. O Festival da Lectura tamén ofrece 12 paseos para descubrir a...

Leer más
Compartir: