XUNTA DE GOBERNO
Aberto a partir do martes 31 de outubro o prazo para solicitar as prazas para o programa de conciliación de Nadal
A Xunta de Goberno local, reunida esta mañá en sesión ordinaria, aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión para o "Programa municipal de conciliación de Nadal 2023" que se vai desenvolver nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes entre o 22 e o 29 de decembro e entre o 2 e o 5 de xaneiro. O programa está dirixido á cativada escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, e o prazo de inscrición permanecerá aberto dende mañá, martes 31 de outubro, ata o 9...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis de 1.300 veciños e veciñas achegáronse á cultura maker grazas ao programa "Faino Ti"
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou hoxe o programa "Faino Ti", co que o Concello quería achegar o movemento maker, as TIC e a cicencia ao conxunto da veciñanza. O programa, financiado con fondos europeos da EDUSI, chegou a máis de 1.300 persoas, que ben participaron nas actividades formativas da Academia Maker ou ben visitaron o Laboratorio de Fabricación Dixital Móbil que percorreu os barrios de Compostela.
EMPREGO
Tecnoloxía e intelixencia artificial, talento local e conciliación, eixos do foro inaugural do Talentia 2023
O Talentia Summit 2023 arrincará cun gran Foro inaugural que porá o foco na innovación tecnolóxica e a intelixencia artificial, nos novos modelos para o desenvolvemento do talento local, e na igualdade e as políticas de conciliación. Será o 10 de novembro no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea. A concelleira de Promoción Económica e Emprego, María Rozas, e o técnico do departamento de Emprego, Xabier Ferreiro, presentaron hoxe o evento, antesala da Feira do emprego e do talento que se...
XUVENTUDE
O festival de muralismo Compostela Contemporánea rexenerará a través da arte tres novos espazos de Santiago
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, asistiu este mediodía á master class sobre a técnica do stencil, impartida no IES de SAR no marco do Festival de Muralismo e Intervencións Urbanas "Compostela Contemporánea". Dentro deste programa están previstas tres intervencións murais de gran formato por parte a cargo de tres artistas: Møu, Lidia Cao e Doa.
CONSORCIO
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago aproba o encargo a Tragsa da obra de substitución da cuberta do Pazo de Congresos
Está previsto que as obras comecen o 1 de xaneiro de 2024 e terán un prazo de execución de nove meses.
TURISMO
Compostela busca turistas de alto valor engadido na feira máis importante de Xapón
Turismo de Santiago está participando na JATA, principal feira turística para o mercado xaponés, que se celebra do 25 ao 29 de outubro en Osaka. O mercado xaponés é estratéxico para Compostela xa que os seus turistas teñen un elevado gasto medio diario por persoa, chegando a situarse no 2022 en 262 euros, segundo os datos da Enquisa de Gasto Turístico, elaborada polo INE.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello invita a veciñanza a un evento lúdico na rúa Clara Campoamor para pór en valor ese novo espazo da cidade
O vindeiro martes 31 de outubro a partir das 18:00 horas, a rúa Clara Campoamor acollerá unha actuación musical acompañada de castañas para todas aquelas persoas que queiran achegarse á renovada contorna da rúa Clara Campoamor e Estación Intermodal. Esta remodelación, realizada polo Concello de Santiago no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) permitiu a humanización da rúa e a súa contorna facilitando a convivencia de buses, coches, bicis e peóns e a mellorou a...
PLENO
O Concello aproba unha declaración institucional contra a violencia machista con motivo do 25N
O Pleno da Corporación Municipal aprobou esta mañá unha declaración institucional na que todos os grupos municipais de forma conxunta condenan "todas as formas de violencia machista" e comprométense a traballar "na súa eliminación de todos os espazos do Concello" con medidas concretas e de xeito coordinado con outras institucións.
XUVENTUDE
Os obradoiros de prevención da adicción ao xogo da Concellaría de Xuventude chegarán a 1.300 alumnos e alumnas este curso
Uns 1.300 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO participarán ao longo deste curso nos Obradoiros de prevención da adicción ao xogo, que tén en marcha a Concellaría de Xuventude nos institutos de Santiago. Ao longo deste primeiro trimestre están previstas 27 intervencións, que chegarán a un total de 650 adolescentes. O obxectivo deste programa, tal e como explica a concelleira María Rozas, é "sensibilizar á mocidade dos riscos dos xogos de azar e prever comportamentos aditivos relacionados co xogo".
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello súmase á conmemoración do Día Nacional do Dano Cerebral
Santiago acolleu este mediodía un acto organizado pola Asociación Sarela para conmemorar o Día do Dano Cerebral, que dende o ano 2007 se celebra cada 26 de outubro, onde se deu lectura a un manifesto por parte de familiares e persoas afectadas por esta enfermidade. No acto participaron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas e representantes de todos os grupos municipais.