CENTROS SOCIOCULTURAIS

"Os Bolechas. Amigas e amigos con diabetes" chegan á Rede de Centros Socioculturais grazas á doazón de ANEDIA

14/11/2023

As bibliotecas e espazos de lectura da rede dos centros socioculturais contarán con exemplares do libro "Os Bolechas. Amigas e amigos con diabetes", grazas á doazón de ANEDIA, a Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia. O volume foi presentado hoxe no CSC Maruxa e Coralia polo concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, e a presidenta de ANEDIA, María Xosé Rego.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación das obras para a construción da senda peonil da rúa das Estrelas

13/11/2023

O executivo municipal deu luz verde esta mañá á aprobación do expediente de contratación das "Obras de execución do proxecto de Senda peonil da rúa das Estrelas", cun orzamento base de licitación de 126.172,99 euros, ao abeiro do Programa POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña. Tamén se aprobou a adxudicación do contrato das obras para a "Rehabilitación de firme, mellora da accesibilidade e seguridade peonil na rúa Camiño dos Vilares. Tramo rúa Camiños da...

Leer más

EMPREGO

Talentia Summit recupera o seu formato presencial con actividades formativas, mentorías e entrevistas laborais

13/11/2023

O Palacio de Congresos acolle hoxe a feira de talento e emprego de Talentia Summit, que recupera o seu formato presencial "para atender mellor a demanda tanto das empresas como das persoas inscritas". A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitou hoxe as instalacións, onde se están desenvolvendo diferentes cursos, entrevistas de traballo, e tamén mentorías.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

As Xornadas de Ilustración Urbana afondan no debuxo como modo de vida da man de artistas internacionais

10/11/2023

A alcaldesa Goretti Sanmartín, a concelleira de Capital Cultural Míriam Louzao e a coordinadora das Xornadas, Gemma Sesar, tomaron parte acto inaugural dunha nova edición no Auditorio de Galicia. A ilustradora francesa Marion Rivolier foi a encargada de abrir o programa do venres cunha sesión que incluíu a estrea na contorna estatal da curtametraxe documental Frontière(s).

Leer más

EMPREGO

O Foro Talentia avalía as potencialidades da intelixencia artificial, reivindica o talento local e pón o foco na conciliación

10/11/2023

Coñecer as vantaxes da intelixencia artificial e descubrir como vai influir nos traballos do futuro; reflexionar sobre novos modelos económicos e sobre a retención do talento; e reivindicar políticas reais que faciliten a conciliación. Foron os obxectivos do Foro Talentia, que esta mañá xuntou a centos de persoas no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea. O encontro é a antesala da Feira do Emprego e do Talento, que se desenvolverá ao longo da próxima semana nun modelo híbrido que combina a feira...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

A 37ª edición de Cineuropa arranca coa proxección de ‘Puan’

09/11/2023

Do 9 ao 25 de novembro, o certame leva ás salas de Compostela 115 filmes e numerosas actividades paralelas, con concertos e proxeccións especiais, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Os premios Cineuropa distinguen en 2023 as traxectorias do actor Luis Zahera, do director portugués João Canijo e da actriz Ana Torrent

Leer más

EMPREGO

Bota a andar Talentia 2023 cun Foro para reflexionar sobre innovación tecnolóxica, conciliación e talento local

09/11/2023

O auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea acolle mañá, ás 10.00 horas, o Foro inaugural de Talentia Summit, que este ano leva por lema "Coñeces o traballo do futuro?". O evento contará coa participación de destacados expertos e expertas en innovación tecnolóxica e intelixencia artificial, políticas de conciliación e talento local. A nota musical da xornada poráa o grupo Eladio y los Seres Queridos.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Concello oferta 210 prazas no programa Matinais de Nadal nos centros socioculturais

09/11/2023

O próximo luns, 13 de novembro, abre o prazo de inscrición para os Matinais de Nadal nos centros socioculturais. O concelleiro, Xan Duro, presentou hoxe o programa, no que se ofertan 210 prazas en diferentes espazos municipais, tanto da zona urbana como do rural. Son 25 prazas máis que o ano pasado, grazas á incorporación do centro sociocultural de Bando.

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais visita a sede de Down Compostela

09/11/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude visitou esta mañá a sede da Fundación Down Compostela para coñecer mellor o seu traballo e recoller as súas demandas. María Rozas estivo acompañada polo presidente da entidade, Juan Martínez; o secretario, Joaquín Rodríguez; a directora, Blanca Taboada; e por unha das beneficiarias dos programas da Fundación. Pamela foi a encargada de achegarlle á concelleira as peticións que previamente consensuara con todos os...

Leer más
Compartir: