FESTAS
Os Reis Magos repartiron ilusión na Cabalgata ‘A Estrela de Nadal’
'A Estrela do Nadal' foi o lema dunha nova edición da Cabalgata de Reis, que encheu as rúas de Compostela de fantasía, personaxes variados e moitas sorpresas. Preto de 500 persoas participaron nun desfile dinámico e participativo que partiu da praza de Nosa Señora da Mercé e na que se repartiron 1400 quilos de caramelos. Os Reis Magos foron recibidos na praza do Obradoiro pola alcaldesa e a Corporación municipal, e escoitaron os desexos dos nenos e nenas que se achegaron ata o Pazo de Raxoi.
ALCALDÍA
O Concello recorda cunha ofrenda floral a figura de Valle-Inclán
O cemiterio de Boisaca acolleu hoxe a ofrenda floral ao escritor e dramaturgo Ramón María del Valle Inclán por parte do Concello de Santiago, da Xunta de Galicia, do Museo Valle-Inclán e dos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa. A alcaldesa de Santiago referiuse ao escritor como unha "figura central desde o punto a de vista literario, cultural, pero tamén desde o punto de vista persoal" e salientou a súa vinculación con Compostela e a súa contribución a "formar a estética literaria...
TURISMO
Santiago (é) Tapas sortea unha noite de hotel entre os locais participantes
A inscrición finalizará o 10 de xaneiro e os establecementos rexistrados poderán gañar unha estancia nun dos máis de 60 aloxamentos de Alda Hotels no norte e centro de España.
CAPITAL CULTURAL
Compostela Cultura selecciona Xurado Novo de Artes Escénicas
Poderán formar parte del persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos que non integraran xa algún dos xurados novos de Compostela Cultura. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto até o 15 de xaneiro.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Sae a licitación do Servizo de Axuda no Fogar cun incremento do 73% no orzamento, ata os 6,3 millóns de euros anuais
Os novos pregos do Servizo de Axuda no Fogar permitirán "mellorar a atención ás persoas usuarias, protexer os dereitos das traballadoras, e reforzar a supervisión e control do servizo por parte do Concello". Explicouno a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, que deu conta da aprobación, en Xunta de Goberno, do inicio do procedemento de adxudicación do SAF. Na rolda, a tenenta de alcaldesa estivo acompañada por Teresa Furelos, xefa de Servizo da área de...
CAPITAL CULTURAL
A Banda Municipal de Música inicia o segundo ciclo de 'Postais'
A Banda de Música Municipal de Santiago arranca o segundo ciclo de concertos da temporada que se desenvolverán ata o próximo mes de maio no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia, así como as tradicionais propostas ao aire libre dentro das Festas da Ascensión.. En total será unha serie quince concertos para un público variado que comenzará este sábado ás 12:00 no Teatro Principal coa proposta "dende a maxia de Oriente", con motivo do Día de Reis.
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC artella un Club de Lectura Criminal entre Santiago e Braga
A SELIC afianza este ano a sección Criminal, inaugurada o pasado 2023, poñendo en marcha o que será o primeiro Club de Lectura Criminal. Trátase dun proxecto que nace con vontade de continuar en vindeiras edicións do Festival da Lectura, pioneiro na unión de lectores e lectoras de Galicia e Portugal con este formato de exploración literaria conxunta.
OBRAS
Licitada por preto de 800.000 euros a primeira fase das obras do tramo compostelán da Vía Verde
As obras da Vía Verde ao seu paso por Santiago divídense en dúas fases, con 10 quilómetros de lonxitude e un investimento total de 1,6 millóns de euros. A súa execución completará a ruta ciclable de 36 quilómetros que discorre polos municipios de Cerceda, Tordoia, Ordes, Oroso e Santiago.
CONSORCIO
A bela dormente de Chaikovski protagoniza o Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o vindeiro venres, 5 de xaneiro (21h), no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, o seu tradicional Concerto de Reis que levará por nome A bela dormente e no que unha selección de pezas deste fermoso ballet de Chaikovski será protagonista. Esta actuación está incluída dentro da temporada de abono da RFG: Migracións.
ALCALDÍA
Recepción no Pazo de Raxoi ao delegado rexio no acto de Translación dos restos do Apóstolo
Como cada 30 de decembro, a capital de Galicia acolleu o acto de Translación dos restos do Apóstolo Santiago, cuxo delegado rexio foi, neste 2023, o presidente da Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices. Finalizada a cerimonia relixiosa na Catedral, a comitiva oficial foi recibida no Pazo de Raxoi pola alcaldesa accidental, María Rozas, e boa parte da Corporación Municipal.