FESTAS

Arrancan as Festas do Entroido este sábado co desfile do Meco e o pregón de De Vacas

09/02/2024

Un Meco inspirado na catástrofe ambiental dos pellets, acompañado polos Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño e Os Armatroulas de Laraño, dará a benvida ao Entroido este sábado, nun desfile que partirá da praza do Obradoiro ás 20 horas ata quedar instalado no Pazo de Bendaña da praza do Toural, dende onde terá lugar o pregón de inicio das festas a cargo de De Vacas.

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

Chega ao Teatro Principal "Aquí nunca pasa nada", unha obra que fai "xustiza poética en escena coas vítimas da trata"

09/02/2024

O Teatro Principal acolle esta tarde a representación da obra "Aquí nunca pasa nada", inspirada no Caso Carioca que chega a Santiago grazas á colaboración entre a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. A concelleira María Rozas presentou a montaxe, "que trata de crear conciencia a través das artes escénicas, lembrar o que aconteceu coa maior operación contra a trata que se desenvolveu en España, e poñer o foco en realidades que seguen...

Leer más

COMERCIO

A Floristería Lilas faise co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal

08/02/2024

A Floristería Lilas vén de ser distinguida co primeiro premio do concurso de escaparatismo de Nadal, convocado desde o Departamento municipal de Comercio. Así o propuxo o xurado, que lles concedeu o segundo e terceiro premio a A tenda da Caldeirería e a Pilgrim Bag, respectivamente. Con esta iniciativa, o Concello trata de promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus escaparates, contribuíndo así ao incremento do consumo no comercio local durante a época de Nadal.

Leer más

ECONOMÍA E FACENDA

O Concello de Santiago aproba os orzamentos para 2024, os maiores da súa historia

07/02/2024

O Pleno municipal aprobou hoxe en sesión extraordinaria o maior orzamento da historia do Concello de Santiago por unha contía total de máis de 142,4 millóns de euros que porá o foco nos servizos públicos da calidade, nas políticas sociais, culturais e de igualdade, na transformación urbana e o acceso á vivienda, na sustentabilidade e o territorio, no esforzo investidor e na mellora da gobernanza e do modelo de cidade. Para a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, son uns orzamentos que buscan "poñer as...

Leer más

ECONOMÍA E FACENDA

ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2024

07/02/2024

O Pleno do Corporación aprobou inicialmente o Orzamento xeral do Concello e o seu anexo de persoal para o exercicio 2024 en sesión extraordinaria o 7 de febreiro. O 20 de marzo foi aprobado de xeito definitivo.

Leer más

FESTAS

Un Meco inspirado na catástrofe ambiental dos pellets dará a benvida ao Entroido este sábado

06/02/2024

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, acompañada de Faia e Guillermo, membros do grupo De Vacas que estarán a cargo do pregón deste ano, presentou a figura do Meco deste Entroido que percorrerá o sábado as rúas de Compostela para quedar instalado no balcón do Pazo de Bendaña ata o mércores 14 cando será queimado na praza Roxa. No acto tamén estivo presente o creador do Meco, José Manuel Méndez.

Leer más

DEREITOS DOS ANIMAIS

O Padroado da Fundación do Refuxio de Animais acorda emprender unha campaña de divulgación sobre adopcións e tenencia responsable

06/02/2024

Representantes do Padroado da Fundación do Refuxio de Animais de distintos concellos que integran esta entidade realizaron unha visita ás súas instalacións para coñecer as obras de mellora deste recinto e os labores de limpeza efectuados nos últimos meses. Ademais, acordaron iniciar unha campaña de promoción para favorecer as adopcións e sobre os coidados para a tenencia responsable de animais.

Leer más

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

O Concello acondiciona un Mirador das Estrelas no Monte Pedroso

06/02/2024

En consonancia coa iniciativa Slowlight, un movemento que defende a iluminación pública sustentable e a creación contornas urbanas sen contaminación lumínica, o Concello de Santiago desenvolveu un proxecto para crear o Mirador das Estrelas no Monte Pedroso, ademais da ordenación do uso dos espazos e da mellora dos seus accesos.

Leer más
Compartir: