MOBILIDADE
A ORA na contorna do CHUS non obrigará á rotación e non afectará ás prazas de residentes
Ante as dúbidas relativas á próxima implantación da zona ORA na contorna do Hospital Clínico, o Concello de Santiago fai unha serie de aclaracións sobre este asunto.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago publica unha convocatoria para a redacción técnica de proxectos de mantemento e rehabilitación dos edificios monumentais da cidade histórica
Unha subvención en especie coa que se cubrirán honorarios de redacción da documentación, proxecto técnico, dirección de obra e redacción do plan de mantemento. Edificios monumentais de valor excepcional, arquitectónico, histórico-artístico e cultural e edificios de características singulares poderán beneficiarse deste programa.
CAPITAL CULTURAL
‘Romeo y Julieta despiertan...’, con Ana Belén e Jesús Noguero, chega esta fin de semana ao Auditorio de Galicia
A obra ofrece unha revisión da traxedia shakesperiana que abre o foco ‘A voltas cos clásicos’ da temporada escénica de Compostela Cultura. As entradas para as dúas funcións programadas, o venres 26 e o sábado 27 ás 20.30 horas, poden ser adquiridas en compostelacultura.gal e na Zona C ·Punto de Información Cultural
ALCALDÍA
O Concello presenta o plan de actuación para mellorar a mobilidade e a integración urbana do CHUS
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e os concelleiros de Mobilidade, Xan Duro, e de Urbanismo, Iago Lestegás, deron conta esta mañá das actuacións incluídas na proposta de colaboración remitida desde o Concello de Santiago á Xunta co obxectivo de mellorar a mobilidade e a integración urbana do CHUS. Ambas administracións manterán unha xuntanza o vindeiro martes 30 de xaneiro ás 10:00 horas no Pazo de Raxoi para debater os detalles das actuacións.
EDUCACIÓN
As escolas infantís acollen o XIII ciclo de sesións didácticas da EMM para achegar a música á cativada
O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por décimoterceiro ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello.
TURISMO
Santiago presenta en FITUR a súa aposta por un modelo de turismo responsable e sostible
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, participarán esta semana en FITUR co obxectivo de poñer en valor a aposta do Goberno municipal por un "turismo de calidade" que permita a "convivencia harmónica entre persoas residentes e visitantes". Ademais de encontros con profesionais do sector e a participación na Asemblea do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade e noutros eventos, a delegación compostelá presentará un vídeo sobre a campaña 'Santiago...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda solicitar á Deputación da Coruña case 125.000 euros do POS+ 24 para o financiamento de gastos sociais
A Xunta de Goberno aprobou hoxe solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña de case 125.000 euros para o financiamento de diversos gastos sociais, no marco do Plan de Cooperación ás Obras de Servizos, POS+ 2024. Segundo a proposta da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, a maior parte da achega, 100.000 euros, sería para o Servizo Municipal de Atención ás Emerxencias Sociais.
PERSOAL
O Concello de Santiago anuncia as propostas de nomeamento de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo dentro do proceso extraordinario de estabilización
As propostas de nomeamento iranse publicando na sede electrónica e no taboleiro de edictos do Concello, segundo indican as bases específicas das convocatorias. As persoas propostas dispoñen dun prazo de vinte días para a presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos desde a publicación de dos acordos.
PARQUES E XARDÍNS
O barrio de Vista Alegre conta cun novo parque infantil con temática da natureza
O Concello de Santiago vén de abrir un novo parque infantil no barrio de Vista Alegre, en concreto no Avío de Abaixo, realizado con criterios de sustentabilidade e de accesibilidade nunha superficie de 240 m2 que acolle diversas zonas de xogo con temática da natureza.
ALCALDÍA
O Informe de Conxuntura Económica conclúe que a comarca de Santiago é unha das máis dinámicas da provincia
O documento publicado polo Club Financeiro de Santiago, que foi presentado esta mañá no Pazo de Raxoi, mostra unha mellora xeralizada dos principais indicadores económicos. Goretti Sanmartín salientou os bos datos do mercado de traballo en Santiago, que a converten na cidade galega con menor taxa de paro. A comarca gaña poboación e reforza o seu peso relativo en relación coa poboación da comunidade.