DEREITOS DOS ANIMAIS
O Padroado da Fundación do Refuxio de Animais acorda emprender unha campaña de divulgación sobre adopcións e tenencia responsable
Representantes do Padroado da Fundación do Refuxio de Animais de distintos concellos que integran esta entidade realizaron unha visita ás súas instalacións para coñecer as obras de mellora deste recinto e os labores de limpeza efectuados nos últimos meses. Ademais, acordaron iniciar unha campaña de promoción para favorecer as adopcións e sobre os coidados para a tenencia responsable de animais.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello acondiciona un Mirador das Estrelas no Monte Pedroso
En consonancia coa iniciativa Slowlight, un movemento que defende a iluminación pública sustentable e a creación contornas urbanas sen contaminación lumínica, o Concello de Santiago desenvolveu un proxecto para crear o Mirador das Estrelas no Monte Pedroso, ademais da ordenación do uso dos espazos e da mellora dos seus accesos.
MOBILIDADE
Apertura do prazo de solicitude das tarxetas de residente para as novas rúas de zona ORA e de zona verde
Os cidadáns que cumpran os requisitos establecidos na ordenanza municipal da O.R.A. para obter o distintivo de residente por domicilio, por traballo ou actividade profesional ou por municipio, poderán solicitar o correspondente distintivo de aparcamento para as novas rúas de zona azul ORA e de zona verde aprobadas pola Xunta de Goberno do 5 de febreiro.
EDUCACIÓN
Solicitude de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2024/25
A Xunta de Goberno local do 5 de febreiro do 2024 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío.
EDUCACIÓN
Aprobados os novos prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais para o curso 2024-2025
A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío para o vindeiro curso. Os impresos e a documentación para novas prazas deberán presentarse entre o 22 de marzo e o 19 de abril. Tamén se deu luz verde ao inicio de trámites para a recepción das obras de construción dunha pista multideporte e un parque infantil na zona verde do SUNP-25 Roxos-Quintáns, un proxecto realizado ao abeiro do...
MOBILIDADE
A Xunta de Goberno acorda incorporar á zona ORA a contorna do Clínico e a rúa Escultor Camilo Otero
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a creación de prazas da ORA na contorna do Hospital Clínico, tal e como estaba xa anunciado, así como modificacións en diferentes zonas reservadas ao estacionamento de residentes. O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, explicou que os cambios "responden por unha banda á alta demanda de aparcamento vinculada á situación do CHUS, e pola outra ao estudo sobre a ocupación das zonas verdes e a peticións que foron achegadas pola veciñanza
IGUALDADE
O CIM lanza unha nova edición do curso de autodefensa para mulleres antes situacións violentas
O curso desevolverase entre o 4 e o 18 de marzo no pavillón municipal do Restollal e será monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Trátase dunha actividade organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Santiago a través dunha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
ALCALDÍA
O Concello habilitará dúas novas parcelas como aparcadoiro provisional mentres duren as obras de ampliación do CHUS
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou hoxe en rolda de prensa que o Concello acondicionará dúas novas áreas de estacionamento con carácter provisional mentres se executan as obras de ampliación do complexo hospitalario. As parcelas son as situadas á beira do aparcadoiro de borde de Santa Marta e a próxima ao CIMUS e ofertarán entre 250 e 270 prazas gratuítas.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Lleida o 15 de xuño do 2023 e pola muller asasinada en Girona o 27 de xaneiro de 2024, vítimas de violencia machista.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Chega ao Teatro Principal a obra "Aquí nunca pasa nada" para concienciar sobre a explotación das mulleres migrantes
O Teatro Principal acollerá o próximo venres, 9 de febreiro, a representación da obra "Aquí nunca pasa nada", da compañía Teatro Sin Papeles. A montaxe, inspirada na Operación Carioca, chega a Santiago no marco da colaboración entre a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, co obxectivo de concienciar sobre a situación que viven as personas migrantes e, en particular, as mulleres vítimas das redes de trata.