CAPITAL CULTURAL

‘Noso’ e ‘Crisálida’ levan ao Teatro Principal as mobilizacións contra os parques eólicos e a defensa do pequeno comercio

22/02/2024

A última montaxe de Os Náufragos Teatro traslada o público a unha pequena aldea galega na que a veciñanza afronta a expropiación do ultramarinos-bar ‘Noso’ por mor da construción dun parque eólico. Ao abeiro do ciclo ‘En familia’, a peza ‘Crisálida’ de Caramuxo Teatro pon en valor os negocios tradicionais nun mundo cada vez máis globalizado.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

María José Llergo presenta ‘Ultrabelleza’ no Auditorio de Galicia

21/02/2024

Con este concerto, a artista cordobesa leva ao escenario un traballo que aproxima o flamenco ao urbano e que lle valeu o Premio Ruído ao mellor álbum da escena musical española en 2023. As entradas para este evento, que terá lugar o sábado ás 20.30 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio, poden ser adquiridas no despacho de billetes do recinto o propio día do concerto, e os días antes na web de Compostela Cultura e no despacho de billetes da Zona C.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Compostela será o epicentro do Día de Rosalía, con actos institucionais e 30 locais hostaleiros a ofrecer o Caldo de Gloria

20/02/2024

Os actos oficiais terán lugar na mañá do venres 23 de febreiro en Santiago: na praza de Vigo e no Hostal dos Reis Católicos, con música do alumnado da Escola Municipal de Santiago, dos Carapaus e de Faia. A Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Santiago fan un chamamento á veciñanza compostelá e a toda a sociedade galega a celebrar o Día de Rosalía lendo a súa obra, comendo un Caldo de Gloria e participando na Alborada para Rosalía. 30 locais hostaleiros da cidade ofrecerán Caldo de...

Leer más

XUVENTUDE

Comeza a fase de votación dos Orzamentos Participativos da Concellaría de Xuventude

19/02/2024

Desde hoxe e ata o 3 de marzo estará aberto o prazo de votación dos Orzamentos Participativos da área de Mocidade, no que se vai decidir o destino de 100.000 euros dos presupostos municipais. O concelleiro de Xuventude en funcións, Xan Duro, deu conta do proceso, acompañado pola técnica do Departamento, Noela Vilas. O edil salientou "a alta participación e a variedade das achegas recibidas, que rachan con moitos estereotipos sobre os mozos e mozas e que demostran o seu interese por participar na vida pública, un interese que o...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Do 20 ao 26 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación de Semana Santa nos CEIP

19/02/2024

Mañá martes, 20 de febreiro, ábrese o prazo de inscrición e matrícula no "Programa municipal de conciliación de Semana Santa 2024" do Concello de Santiago, que terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril nas instalacións dos CEIP Quiroga Palacios e Monte dos Postes. O Concello ofertará un total de 150 prazas para participar nos obradoiros e actividades, outras 150 para o servizo de xantar e 60 para os máis madrugadores. A memoria do programa aprobouse hoxe en Xunta de Goberno.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Últimos días para visitar a exposición do Décimo Terceiro Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis

19/02/2024

O domingo 25 de febreiro conclúe o período expositivo desta mostra que reúne 33 traballos de artistas e colectivos emerxentes que responden a diferentes sensibilidades artísticas e formalizacións plásticas. A área de exposicións do Auditorio de Galicia programa esta semana visitas guiadas de carácter gratuíto e coloquios con Sergio Marey e Laure Mojo arredor das obras que lles valeron, respectivamente, o primeiro e segundo premio nesta convocatoria.

Leer más

LINGUA

Os Premios Youtubeiras xa teñen gañadoras

17/02/2024

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de nove concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, celebrou este sábado no Teatro Principal de Santiago a gala de entrega dos seus premios. O acto, conducido por Nuria Vil e Gabri Fuentes, contou coa actuación de Mondra. A...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

O Festival Rosalía celebrará os días 23 e 24 de febreiro a súa 6ª edición "cun grande atrevemento" a través dun amplo e diverso programa de poesía, escena, música e artesanía

16/02/2024

A Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Santiago, conmemorará na praza de Mazarelos o 187º aniversario do nacemento da escritora, figura central das nosas letras sobre a que pivotará gran parte das actividades. O concerto de Loita Amada, o pasarrúas rosaliano dos Quinquilláns, o proxecto Indóciles ao redor da obra de Luísa Villalta ou o recital organizado pola editora Chan da Pólvora son algúns dos pratos fortes da edición deste 2024

Leer más
Compartir: