XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases e a convocatoria do Premio Xohana Torres 2024
A Xunta de Goberno deu luz verde á nova convocatoria do 'Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega' para o ano 2024. As propostas presentadas poderán ser obras de carácter histórico, político, científico, literario, artístico que deberán abordar a participación das mulleres nos diferentes ámbitos da sociedade galega co obxectivo de reconstruír a súa memoria histórica. O executivo municipal tamén deu luz verde...
ALCALDÍA
Minuto de silencio polas persoas falecidas no incendio de Valencia
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas persoas falecidas no incendio de Valencia do pasado 22 de febreiro.
ALCALDÍA
O Concello homenaxea o economista Manuel Colmeiro y Penido cunha placa no parque das Ciencias
O parque das Ciencias acolleu esta mañá un acto de homenaxe ao economista Manuel Colmeiro y Penido, nomeado "Científico Galego do Ano" no 2023 pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). Ao evento, organizado polo Concello de Santiago en colaboración coa Academia, asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o presidente da RAGC, Juan Manuel Lema Rodicio, e membros da Corporación municipal.
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Máis de 1.200 nenos e nenas de 25 colexios visitan nestes días o parque infantil de tráfico
O Parque Infantil de Tráfico instalado pola Policía Local en Amio recibirá nestes días a visita de máis de 1.200 alumnos e alumnas de 25 colexios de Santiago. O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Xan Duro, achegouse esta mañá ata o recinto feiral, onde coincidiu co alumnado do CEIP Rodríguez Xixirei da Lavacolla. O edil salientou "o importante traballo que desenvolve o departamento de Educación Viaria da Policía Local, mostrando cales deben ser as prácticas seguras como péons e como...
DEPORTES
Preto de 80 deportistas competirán no Campionato Galego Universitario de Natación 2024
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, destacou o papel de Compostela como "cidade de acollida" para este evento e engadiu que dende o primeiro momento tiveron claro que "Universidade e Concello teñen que ir collidos da man".
CAPITAL CULTURAL
O Festival Rosalía enche a Praza de Mazarelos para celebrar o 187º aniversario do nacemento da escritora
Grande éxito de afluencia nas actividades do festival, organizado pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela. Poesía, escena, música, artesanía e narración oral inspiradas na figura de Rosalía para celebrar a potencia creadora na nosa lingua.
CAPITAL CULTURAL
Compostela celebra o día de Rosalía no 187 aniversario do seu nacemento
O 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela e para conmemorar o 187 aniversario dese nacemento celebrouse un ano máis o día da autora galega máis internacional. No marco desta efeméride, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartínn, e a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asistiron á ofrenda floral organizada pola Fundación Rosalía de Castro na praza de Vigo, lugar onde naceu a poeta. O programa de actividades continuará esta tarde e mañá co Festival...
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
O 15 de marzo ábrese o prazo para renovar as tarxetas de acceso á cidade histórica
Dende o 15 de marzo e ata o 30 de abril, a Concellaría de Mobilidade e Convivencia abrirá un prazo excepcional para solicitar a renovación de tarxetas ou distintivos de paso e parada para o acceso á cidade histórica que estean caducadas. O prazo de vixencia destes distintivos é de dous anos, polo que todos aqueles concedidos no ano 2022 e anteriores xa caducaron ou caducarán ao longo deste 2024.
TURISMO
Santiago(é)tapas chega a súa segunda fin de semana con numerosos premios para o público
Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas da cidade organizado por Turismo de Santiago, chega a súa segunda fin de semana cuns importantes datos de participación de público. Ata o momento consumíronse máis de 6.000 tapas nos locais participantes no concurso, que comezou o pasado 15 de febreiro e se prolongará ata o vindeiro tres de marzo.
TURISMO
Turismo de Santiago e a Xunta de Confrarías presentan o programa de Semana Santa
A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, o arcebispo da Diócese de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, e a presidenta da Xunta da Confrarías, María Elena Bernárdez, presentaron no Pazo de Raxoi o folleto que recolle o programa de actividades que neste ano se desenvolverán xa dende finais de febreiro e ata primeiros de abril arredor da Semana Santa. O programa en papel está xa dispoñible na oficina de información de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar,...