RELACIÓNS VECIÑAIS

Últimos días para solicitar as subvencións para as asociacións veciñais

02/07/2020

O vindeiro 5 de xullo remata o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2020. O Concello de Santiago destina a estas axudas a contía de 100.000 euros.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde acolle con "esperanza e ilusión" a apertura do Camiño e anima os/as peregrinos/as a retomar a ruta

01/07/2020

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo,e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nun percorrido a pé do tramo do Camiño de Santiago entre o Monte do Gozo e a praza do Obradoiro. Alí, a comitiva foi recibida polo arcebispo da Arquidiócese de Santiago, Julián Barrio.

Leer más

TURISMO

Xa está aberta a oficina de información turística do aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro

01/07/2020

A oficina de información turística do aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro abríu hoxe as súas portas logo de que tivese que pechar por mor da declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo. Fixouse como data de apertura o 1 de xullo, xa que nestes días o aeroporto está recuperando a maior parte das súas rutas, incluíndo as internacionais, aínda que cunhas frecuencias adaptadas á situación actual.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Arrinca "Vive o verán" nos centros socioculturais

30/06/2020

Esta semana, coa chegada do mes de xullo, arrinca a programación de Vive o verán nos centros socioculturais do medio urbano. Ademais das actividades previstas para as mañás nos centros socioculturais das Fontiñas, O Romaño, A Trisca, O Castiñeiriño, Santa Marta, Conxo e O Ensanche, preparouse un calendario de actividades complementarias, algunhas das cales aínda teñen prazas dispoñibles.

Leer más

ALCALDÍA

O Acordo da Sionlla senta as bases da creación do Polo de Innovación en Biotecnoloxía para facer de Santiago e Galicia un "referente" no sector

30/06/2020

O Centro Empresarial do Tambre acolleu hoxe a reunión da Mesa Institucional do chamado "Acordo da Sionlla", á que asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago (USC), Vicente Pérez Muñuzuri; o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Carballo García; e o...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Auditorio de Galicia e o Teatro Principal levantan o pano coa obra "Daimon y la jodida lógica", da compañía Matarile Teatro

30/06/2020

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou hoxe –xunto a Ana Vallés e Baltasar Patiño– a función de Daimon y la jodida lógica a obra de Matarile Teatro coa que se levanta o pano no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal. Será o venres 3 de xullo ás 20:30 h, no Auditorio de Galicia. Ábrese así a programación de Volvemos á escena! – Xullo 2020, que recupera sete dos espectáculos adiados pola alerta sanitaria.

Leer más
Compartir: